Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.255

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2000, conxunta das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se convocan dous cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas, nivel cualificado.

A Orde do 30 de xullo de 1997 conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de dous cursos (un de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, e outro de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria) de aplicadores/ma

nipuladores de praguicidas, que se celebrarán de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de curso que se vai impartir:

1.1. Un curso de aplicadores/manipuladores de productos de uso fitosanitario e de uso gandeiro. Nivel cualificado.

1.2. Un curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

2. Datos dos organismos organizadores:

Os organismos organizadores serán:

2.1. O Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, para os cursos especificados no punto 1.1.

O Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos da Dirección Xeral de Saúde Pública, para os cursos especificados no punto 1.2.

3. Obxectivos dos cursos:

Conseguir unha formación adecuada para o persoal responsable dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas de uso fitosanitario e de uso gandeiro ou de uso ambiental e de uso na industria alimentaria, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerceren a dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios:

a) Responsables de equipos de tratamentos terrestres e aéreos e agricultores que os realicen na súa propia explotación empregando persoal auxiliar, sempre que os praguicidas manipulados non estean clasificados como moi tóxicos.

b) Responsables dos tratamentos DDD, sempre que os praguicidas que se vaian manipular non estean clasificados como moi tóxicos.

-Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar en cada curso será de 30 como máximo.

-Criterios de selección: o solicitante deberá ter idade laboral para poder traballar con praguicidas.

Tódolos solicitantes que non teñan estudios que validen o nivel básico (xustificado documentalmente) terán que ter realizado o dito nivel para poderen solicita-lo de nivel cualificado.

Na selección terán prioridade, sempre que se xustifique documentalmente:

a) Os responsables das empresas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro Oficial de Esta-

blecementos e Servicios Praguicidas da Comunidade Autónoma (Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais).

b) Aqueles solicitantes que estean traballando ou traballaran en empresas relacionadas co sector en cargos como responsables.

c) Anos de experiencia.

5. Celebración:

As clases correspondentes a estes cursos levaranse a cabo no seguinte centro:

Escola Galega de Administración Pública.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

-Duración e horario:

Os cursos celebraranse do 3 ó 31 de outubro, e as súas horas lectivas distribuiranse da seguinte maneira:

Curso 1.1. (35 horas teóricas e 25 prácticas).

Curso 1.2. (35 horas teóricas e 25 prácticas).

O horario dos cursos será de 9 h a 18 h (xornadas de mañá e tarde), os martes, mércores e xoves de cada unha das semanas de duración deles. As clases correspondentes ó xoves 12 impartiranse o venres 13. Os coordinadores poderán modifica-lo horario ou ben os días, se é necesario.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinadores técnicos dos cursos:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, os coordinadores técnicos serán:

1.1. Personal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria para o curso do punto 1.1.

1.2. Personal técnico do Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos da Dirección Xeral de Saúde Pública para o curso do punto 1.2.

8. Solicitudes e inscrición:

As solicitudes de asistencia, de acordo cos modelos que figuran no anexo I, tramitaranse ás direccións

xerais correspondentes. O solicitante poderá asistir a un ou ós dous cursos convocados, sendo compatible o horario de realización deles.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais das consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou de Sanidade e Servicios Sociais, dependendo do curso solicitado, en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a solicitude ou solicitudes que figuran como anexo I, xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación expedida polo establecemento ou servicio de praguicidas, especificando o labor que desempeña o solicitante nel.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó de finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitar ás direccións xerais de Producción Agropecuaria e de Saúde Pública, segundo corresponda, o carné de manipulador de praguicidas de productos fitosanitarios e de uso gandeiro ou de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2000.

Antonio Crespo IglesiasPilar Farjas Abadía

Director xeral deDirectora xeral de

Producción AgropecuariaSaúde Pública