Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, en virtude das facultades que ela ten conferidas de conformidade co artigo 9 dos estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo, resolveu adxudica-lo seguinte traballo:

a) Asistencia técnica para a realización dun inventario, clasificación e estudio de alternativas para o tratamento e eliminación dos lodos producidos nas estacións públicas de depuración de augas residuais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Número de expediente: clave: AT/115.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dun inventario, clasificación e estudio

de alternativas para o tratamento e eliminación dos lodos producidos nas estacións públicas de depuración de augas residuais de Galicia.

c) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 103, do 29 de maio de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 26.458.817 ptas. (159.029,69 euros).

5. Adxudicación.

Data: 10 de xullo de 2000.

Contratista: Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: 25.078.417 ptas. (150.724,32 euros).

Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos