Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 30 de agosto de 2000 de notificación de resolución de extinción de concesión de augas.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia foi dictada resolución no expediente administrativo que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente á extinción do dereito ó uso privativo das augas por caducidade da concesión, nos termos previstos na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas. Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, xa citada, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico

ANEXO

-Expediente número: 17/038/4/1.-Persoa interesada: José Antonio Megiono García.-Enderezo que consta no expediente:

r/ Virgen del Lluch, nº 42-escaleira H, 10º B.-Madrid.-Acto administrativo: resolución pola que se declara a caducidade da concesión outorgada por Resolución do 23 de febreiro de 1949, a favor de Antonio Rodríguez Rouco, no río Balsadas ou Rial, en Miñotos, concello de Ourol (Lugo), con destino á producción de enerxía eléctrica, por interrupción permanente da explotación durante tres anos consecutivos e non uso do aproveitamento durante vinte anos por causa imputable ó titular e, en consecuencia, a extinción do dereito.