Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/174-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Monte dos Postes.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 550 m de lonxitude, en conductor R.H.V de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. C.T. Concheiros a C.T. Coop. Compostela, pasando polos CC.TT. de urb. Monte dos Postes sitos en bosque 1 de 400 kVA e bloque 4 de 250 kVA. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións