Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do día 13 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar-la modificación da norma de aplicación de axudas económicas para a rehabilitación dos edificios residenciais e de vivendas ou licais comerciais illados, redactado polos técnicos municipais.

2. Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

A modificación afectada ós artigos 10, 13, 17, 18 19 e anexo 1 e incorpora un anexo 3 da norma en vigor. Para os efectos de dar cumprimento ó principio de seguridade xurídica realízase a publicación do texto íntegro da norma en cuestión, no que se recollen as modificacións introducidas polo acordo que se deixou citado.

A Coruña, 21 de xullo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo