Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección

da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de agosto de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

AC-EP

38/2000

Eduardo José Foira Díaz32.654.440r/ Igrexa, nº 4-6, 2º B-NarónPub Rena26 e)LO

1/1992

28 LO

1/1992

10.000 ptas.

AC-EP

56/2000

Ramiro Fonte Peña76.405.786r/ Real, nº 1º PontedeumeColiseum26 e) LO

1/1992

28 LO

1/1992

40.000 ptas.

AC-EP

119/2000

José Alonso Martínez Carou33.281.939r/ Descanso, nº 1-3º MurosNIC Bahía23 o) LO

1/1992

28 LO

1/1992

100.000 ptas.

AC-EP

122/2000

Miguel A. Penas Prado y Otro, S.C.G-15.622.251Ronda da Coruña, nº 38-4º MelidePub Versus26 e) LO

1/1992

28 LO

1/1992

Caducidade