Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos definitivos correspondentes ó concurso de traslados de data 10 de marzo de 2000, polo que se ofertaban prazas vacantes para secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 10 de marzo de 2000 (BOE nº 81, do 4 de abril e DOG nº 65, do 3 de abril), para cubri-las prazas vacantes para secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza,

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o Regulamento orgánico do corpo de secretarios da xustiza municipal, aprobado polo Decreto do 12 de xuño de 1970 e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, dispón:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento dos funcionarios no seu anterior destino efectuarase dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da presente resolución no BOE.

A toma de posesión deberá efectuarse nos tres días naturais seguintes ó do cesamento cando teña lugar dentro da mesma poboación e dentro dos dez días naturais seguintes se se producise en poboación distinta ó do cesamento, sendo retribuído o devandito prazo posesorio pola Administración competente respecto á praza obtida no presente concurso.

Non corresponde o permiso de dez días por traslado de domicilio con cambio de residencia previsto no artigo 66.1º b) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó outorgarse un prazo para tomar posesión retribuído.

Se a resolución comporta reingreso no servicio activo á Administración de xustiza, o prazo de dez días naturais para a toma de posesión deberá comezar a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE, pero no presente caso o devandito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso no corpo de secretarios de paz ou oficiais e por tanto non pode computarse como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexaran que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma poboación ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desplazarse a Canarias, Illas Baleares ou Ceuta e Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g) do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma competente concederalles a excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión no corpo de oficiais co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO II

Rexeitados

Oficiais.

Rexeitar do concurso por non levar un ano e por ter obtido praza nos concursos resoltos con datas: Resolución do 12-4-2000 (BOE do 28 de abril) e Resolución do 8-6-2000 (BOE do 16 de xuño), os seguintes funcionarios:

López Ribera, Mª Pilar.

Méndez Montero, Josefina.

Otero Rodal, Santiago.

Vázquez Álvarez, Mª José.