Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Dalphi-Metal España, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Dalphi-Metal España, S.A., con nº de código 3600492, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa do centro de traballo de Vigo e o delegado de persoal do centro de traballo do Porriño, con data 20-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de agosto de 2000.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación ó persoal adscrito ós centros de traballo da empresa Dalphi-Metal España, S.A., situados en Vigo e no Porriño (e por extensión a calquera lugar onde este persoal realice traballos por conta dela), tanto ó que xa se atope prestando servicios nos indicados centros como a todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal e duración.

1. Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000, independentemente da data da súa sinatura e a súa publicación no BOP.

2. A duración do presente convenio será por tres anos a partir do un de xaneiro de 2000, concluíndo a súa vixencia o 31 de decembro de 2002.

3. Unha vez concluída a duración pactada, manterase a vixencia das cláusulas normativas nos termos que se pactase.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia, pola que se propón a revisión do convenio por calquera das partes, realizarase por escrito e cunha antelación mínima de 15 días respecto da data de terminación da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación de melloras e garantías individuais.

As condicións aquí pactadas compensan e substitúen na súa totalidade as que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenio sindical, pacto de calquera clase, etc. Respectarase o total dos ingresos individualmente percibidos con anterioridade ó convenio, sen que as normas deste poidan implicar mingua deles. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que poida entenderse vinculada a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor as condicións máis beneficiosas de que desfrutasen os productores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 5º.-Indivisibilidade do convenio.

O convenio é un todo orgánico e indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningunha clase no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.

Artigo 6º.-Incrementos e revisións.

6.1.1. Para o ano 2000 incrementaranse tódolos conceptos retributivos -agás a gratificación de participación en beneficios (artigo 15) o complemento de nocturnidade (artigo 18) e o complemento quenda especial (artigo 19) que teñen un aumento especialco 3,25% con efectos do 1-12-2000.

6.1.2. O 31-12-2000 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 2000) efectuarase unha revisión, con efectos do 1-1-2000, pola diferencia que puidera existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 1,25 puntos e o incremento do 3,25% con efectos do 1-1-2000.

6.2.1. Con efectos do 1-1-2001 e sobre as contías dos conceptos retributivos vixentes nesa data (unha vez efectuada a revisión sinalada no punto 6.1.2 se procedese), excepto os conceptos regulados nos artigos 15º, 18º e 19º do presente convenio, incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para dito o ano máis 0,75 puntos.

6.2.2. O 31-12-2001 (ou cando se constante oficialmente o IPC real do ano 2001) efectuarase unha revisión, con efectos do 1 de xaneiro de 2001 pola diferencia que puidera existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,75 puntos e o IPC previsto máis 0,75 puntos establecido no punto anterior 6.2.1. e aplicado o 1-1-1, só en caso de que o IPC real sexa superior ó IPC previsto.

6.3.1. Con efectos do 1-1-2002 e sobre as contías dos conceptos retributivos vixentes nesta data (unha

vez efectuada a revisión sinalada no punto 6.2.2 se procedese), excepto os conceptos regulados nos artigos 15º, 18º e 19º do presente convenio, incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o dito ano máis 0,75 puntos.

6.3.2. O 31-12-2002 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 2002) efectuarase unha revisión, con efectos do 1-1-2002, pola diferencia que puidera existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,75 puntos e o IPC previsto máis 0,75 puntos establecido no punto anterior 6.3.1 e aplicado o 1-1-2002, só no caso de que o IPC real sexa superior ó IPC previsto.

Artigo 7º.-Salarios.

Para o ano 2000, os salarios serán os establecidos na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Os complementos persoais de antigüidade consistirán en dous trienios e quinquenios sen limitación ningunha, nas respectivas contías sinaladas na táboa anexa I deste convenio.

Artigo 9º.-Vacacións.

1. Para todo o persoal comprendido no ámbito do presente convenio, establécense trinta días naturais ó ano de vacacións ou a súa parte proporcional se non levase un ano de traballo ó servicio da empresa.

2. O desfrute das vacacións efectuarase nun período de 29 días naturais (ou a parte proporcional no caso de non ter devengada a totalidade do dito período) máis o 24 de decembro, agás que ese día coincida en sábado ou domingo, caso este que se negociará co comité de empresa a data de desfrute do indicado día no calendario laboral anual correspondente.

3. Os días de vacacións aboaranse antes de comeza-lo seu desfrute, en función da respectiva retribución por base salarial, antigüidade, complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade e da respectiva media percibida nos tres meses anteriores por incentivos.

Como excepción ó anterior, respecto daqueles traballadores que nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións estivesen en incapacidade temporal por calquera continxencia e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do desfrute das vacacións, a retribución por incentivo correspondente óas días de vacacións será, no canto da respectiva media obtida por este concepto nos tres meses anteriores ó seu inicio, a media do incentivo obtido por fábrica neses tres meses.

4. O persoal que se atope en situación de IT derivada de accidente de traballo, accidente non laboral (con hospitalización) e enfermidade (con hospitalización) durante o período de desfrute das vacacións, terá dereito a que a empresa lle sinale outra data para o seu desfrute, sempre que cause alta da referida IT antes de concluí-lo ano natural.

Artigo 10º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos que a continuación se detallan:

1º Matrimonio do traballador: quince días naturais. En caso de ter lugar o feito causante (matrimonio) en período de desfrute de vacacións, os días de vacacións que coincidan cos días desta licencia desfrutaranse posteriormente, dentro do ano natural.

2º Nacemento de fillos: tres días laborables.

3º En caso de enfermidade grave do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): tres días naturais.

En caso de falecemento do cónxuxe, parella de feito rexistrada ou de parentes ata o 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): tres días laborables.

4º En caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata 2º grao de afinidade (pais, irmáns e avós políticos do que solicita a licencia): dous días naturais.

5º Nos supostos previstos nos anteriores puntos 3º e 4º deste artigo, cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o permiso incrementarase en dous días naturais.

6º En caso de matrimonio de fillo ou de irmán consanguíneo: 1 día natural.

7º Morte de tíos consanguíneos ou de fillos políticos: un día natural; o desfrute da licencia poderá se-lo día do falecemento ou o día do enterro.

8º Para asistencia a consulta médica: 16 horas ó ano.

9º Traslado de domicilio: un día laborable.

10º Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

11º Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ámbolos dous traballen.

2. O traballador terá dereito ó desfrute dos permisos non retribuídos necesarios para concorrer a

exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, cando asista a clase e curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional e sempre que o aproveitamento dos seus estudios sexa como mínimo de superación do 75% das materias de que conste o curso correspondente.

3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase, para tódalas licencias, desde a data do feito causante, se ben o interesado, logo de acordo co departamento de persoal, poderá varia-la data de uso dos días de permiso ou licencias que lle correspondan.

Para os efectos das licencias por enfermidade grave considerarase que o feito causante o constitúe o ingreso en centro hospitalario e desde o día seguinte á data do ingreso computarase a licencia, agás que o interesado lle comunicase ó departamento de persoal o seu desexo de desfrutar do permiso desde o día da intervención cirúrxica; neste caso, computarase a licencia desde esta data.

Artigo 11º.-Gratificación ó ingresar no servicio militar.

O persoal que leve dous ou máis anos ó servicio da empresa ó ingresar no servicio militar percibirá en tal ocasión unha gratificación equivalente ó importe de 30 días do salario real, correspondente á súa respectiva categoría profesional.

Artigo 12º.-Complemento de toxicidade, perigosidade e penosidade.

Os traballadores de tódolos postos de traballo actuais, mesmo os capataces e o persoal técnico de taller, excepto o persoal administrativo, subalterno e resto do persoal técnico, percibirá un complemento consistente en 60,21 ptas., por hora efectiva de traballo. Aboarase en vacacións polos días laborables que correspondan.

Artigo 13º.-Incentivos e procedemento de implantación de tempos.

1. Tódolos traballadores se comprometen a acada-lo rendemento ou actividade habitual, o cal se cifra en 125 puntos sobre 133 do sistema de incentivos vixentes na empresa. A táboa de rendementos e valores do sistema de incentivos serán os que se establecen na táboa anexa II deste convenio. (Non será preciso nas tarifas de incentivos que se establecen, ter en conta o previsto no artigo 31 da Orde do 8 de maio de 1961 e no artigo 73 da Ordenanza de industrias químicas, posto que as condicións pactadas implican xa as melloras que se establecen en tales disposicións). A prima do sistema de incentivos colectivo vixente deberá calcularse na mesma contía para tódolos traballadores dos centros de traballo de Dalphi-Metal España, S.A. en Vigo e no Porriño.

O día 22 de cada mes será comunicado, mediante nota para o efecto colocada no taboleiro de anuncios

da empresa, o rendemento acadado no período precedente de cálculo de incentivo.

2. Acórdase establece-lo seguinte procedemento para a implantación de tempos de producción derivados, tanto da introducción de novas pezas, operacións ou productos, como a modificación do método operatorio, de instalacións ou de equipo industrial.

2.1. Unha vez realizados os estudios de tempos correspondentes (cronometrándose a máis dun operario), a dirección de empresa notificaralles ós representantes dos traballadores os novos métodos e os seus tempos provisionais correspondentes, debendo observarse:

-Comunicación da data en que se contabilizarán para o cálculo dos incentivos.

-Un período de 11 días laborables de adaptación ós novos métodos e tempos; sendo contabilizados a partir dese momento para o efecto de cálculo de incentivos e introducíndose para tódolos efectos no sistema global de xestión da empresa.

2.2. Dentro do dito período de adaptación de once días laborables, o traballador poderá reclamar ante os representantes dos traballadores, realizándose as seguintes accións:

-De forma inmediata, os representantes dos traballadores solicitarán unha reunión da comisión paritaria de productividade e competitividade que se creará para tal efecto (formada por dous representantes dos traballadores e dous representantes da dirección).

-Unha vez reunida a comisión paritaria, de non acadar ningún acordo realizarase unha comprobación do tempo coa presencia dun representante dos traballadores.

-No caso de continua-lo desacordo, actuarase conforme o disposto no punto 2.3.

2.3. Nestes casos de desacordo ou conflicto, as partes someteranse á decisión dun técnico na materia, designado polas partes conxuntamente ou, a falta de acordo por rotación, da seguinte lista:

-Frare Española, S.A. (rúa Ourense, 25 de Madrid).

-Tea Cegos (rúa Bernardino Sahagún, 34 de Madrid).

-Organización de Sistemas de Trabajo y Productividad, S.L. (Carrera de San Jerónimo, 17 de Madrid).

Por acordo das partes, a comisión paritaria poderá amplia-la anterior relación.

2.4. Efectuado o dictame do técnico, o tempo establecido por el substituirá desde este momento ó tempo estimado existente.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal consistirán en 30 días da base salarial, máis anti

güidade e a media do incentivo dos últimos tres meses.

O cálculo do devengo das indicadas gratificacións extraordinarias efectuarase semestralmente.

Artigo 15º.-Participación en beneficios.

1. Esta gratificación será efectiva durante o primeiro trimestre do ano seguinte ó do exercicio ó que esta corresponda.

2.1. A gratificación de participación en beneficios correspondente ó exercicio do ano 2000 aboarase na contía de 132.000 ptas., máis a antigüidade, se a houbese, a a media do incentivo obtido nos meses de outubro, novembro e decembro do exercicio ó que corresponda a gratificación.

2.2. A gratificación de participación en beneficios correspondente ó exercicio do ano 2001 aboarase na contía de 148.000 ptas., máis a antigüidade, se a houbese, e a media do incentivo obtido nos meses de outubro, novembro e decembro do exercicio ó que corresponde a gratificación.

2.3. A gratificación de participación en beneficios correspondente ó exercicio do ano 2002 aboarase na contía de 165.000 ptas. máis a antigüidade, se a houbese, e a media do incentivo obtido nos mees de outubro, novembro e decembro do exercicio ó que corresponde a gratificación.

Artigo 16º.-Premio ó non absentismo.

Establécese a cantidade de 13.715 ptas. para tódolas categorías, de premio ó non absentismo, aboables o 30 de xuño e 30 de decembro, en concepto de gratificación, para aqueles traballadores que en cada un dos semestres do ano, non permanecesen de baixa por incapacidade temporal, excepto se esta é derivada de accidente laboral.

Como excepción á regra anterior, se a baixa se produce no último mes dun semestre e a alta tivese lugar dentro do primeiro mes do semestre seguinte -é dicir, entre o 1 de xuño ó 31 de xullo e entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro-, o premio soamente se perderá no semestre no que a baixa se produza, non computándose a dita baixa no semestre seguinte, sempre e cando non se volva producir outra baixa.

O pagamento desta gratificación realizarase no anticipo correspondente ó 15 de xaneiro e 15 de xullo respectivamente.

Artigo 17º.-Complemento de transporte.

Aboarase un complemento de transporte de 12.297 ptas. mensuais, excepto no período de vacacións.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

1. Para o ano 2000, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 800 ptas./día traballado en quenda de noite.

2. Para o ano 2001, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 900 ptas./día traballado en quenda de noite.

3. Para o ano 2002, a contía do complemento de nocturnidade fíxase en 1.000 ptas./día traballado en quenda de noite.

Artigo 19º.-Quenda especial.

1. Establécese un complemento salarial de posto de traballo para o persoal que preste os seus servicios na quenda especial, o horario de traballo da cal inclúe os sábados e domingos.

2.1. Para o ano 2000, a contía do dito complemento salarial será de 250 ptas. por cada hora ordinaria traballada en sábado e domingo.

2.2. Para o ano 2001, a contía do dito complemento salarial será de 285 ptas. por cada hora ordinaria traballada en sábado e domingo.

2.3. Para o ano 2002, a contía do dito complemento salarial será de 315 ptas. por cada hora ordinaria traballada en sábado ou domingo.

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

1. Para o ano 2000 a xornada de traballo será de 1.760 horas/anuais de traballo efectivo.

2. Para o ano 2001 e 2002, a xornada de traballo será de 1.752 horas/anuais de traballo efectivo.

Artigo 21º.-Formación profesional.

A formación profesional interesa tanto á dirección da empresa como ó traballador, posto que beneficia a ámbalas dúas por igual, polo que se acorda:

1. A formación impartida durante a xornada ordinaria terá o tratamento de actividade ordinaria. Cando a formación teña lugar fóra da xornada ordinaria rexerase nos seguintes termos:

-A formación será de carácter voluntario.

-Compartirase o tempo investido nela entre o traballador e a empresa por igual (remunerándose como xornada ordinaria a metade do tempo investido nela).

-A formación de operarios directos cando se dea producción de pezas, o operario será remunerado ó prezo da hora extra.

2. O tempo investido en formación non se computará, en ningún caso, como extraordinario.

3. Posto que o noso principal obxectivo é garanti-lo servicio ó cliente e co obxecto de compaxinar este coa formación; consideramos que calquera día é válido para impartir formación (laborables, sábados, días de expediente de regulación de emprego), exceptuándose os domingos, festivos e días de vacacións, agás pacto en contrario de desfrute posterior.

4. Estudiaranse as propostas do comité de empresa respecto de posibles plans de formación que se realizarán na empresa.

Artigo 22º.-Absentismo.

1. En caso de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, garantiranse as cantidades necesarias para completa-las prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.

2. En caso de incapacidade temporal derivada de enfermidade común con hospitalización ou de accidente non laboral con hospitalización, a partir do día da hospitalización e ata a súa reincorporación ó posto de traballo, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

3. No suposto de incapacidade temporal derivada de enfermidade común de longa duración ou de accidente non laboral de longa duración, certificada por especialistas, a partir do vixésimo día mentres dure a situación de IT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da IT, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

4. Durante a vixencia do presente convenio, con carácter experimental, o complemento de prestacións previsto no número anterior aboarase a partir do décimo sexto día en lugar de a partir do vixésimo día.

5. Ás prestacións por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, a partir do décimo primeiro día e ata o corenta, ámbolos dous inclusive, adicionaráselle un complemento de prestacións de 375 ptas./día.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para solucionar tódalas dúbidas e diferencias que poidan xurdir durante o período de vixencia do convenio, en canto á interpretación e aplicación del se refire, serán canalizadas a través da comisión paritaria, en canto que serán estudiadas e propostas as solucións e decisións que en cada caso ou situación se requiran, todo iso sen prexuízo da facultade que cada unha das partes que requira a intervención da autoridade laboral competente e as accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdiccional e administrativa. Esta comisión paritaria estará composta por dous membros de cada representación.

A indicada comisión paritaria iniciará o estudio para a actualización das actuais categorías profesionais que figuran no convenio, debendo concluír tal estudio antes dun ano.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

1. Formarase un comité de seguridade e saúde nos termos que marca a lei.

2. O comité de seguridade e saúde terá tódolos dereitos que a normativa legal prevé, ademais de exercer un labor de vixilancia das condicións de seguridade e hixene de tódolos postos de traballo, seccións ou dependencias da fábrica onde o persoal preste servicios.

3. O comité de seguridade e saúde informará a dirección da empresa dos defectos e perigos que advirta en materia de seguridade e hixiene, á que proporán, se é o caso, as medidas preventivas necesarias.

4. O comité de seguridade e saúde poderá recada-la información que conste en poder da empresa sobre os riscos que poidan ocasiona-la manipulación dos productos que se utilicen no proceso productivo.

5. Roupa de protección: a empresa informará o comité de seguridade e saúde sobre as pezas de roupa de protección que se faciliten ó persoal.

6. Recoñecemento médico: tódolos traballadores da empresa terán dereito e obriga a unha revisión médica ó ano, entre os meses de marzo e xuño. Aqueles traballadores que polo seu habitual posto de traballo estean expostos a un maior risco de contaminación (planta de escumado e cadea de pintura) terán dereito e obriga a dous recoñecementos médicos de carácter específico ó ano, un entre os meses de marzo e xuño e outro entre os meses de novembro e decembro. O recoñecemento médico efectuarase durante a xornada laboral e o tempo investido nel será retribuído.

7. Daqueles accidentes de traballo que sexan cualificados como graves ou moi graves pola mutua patronal de accidentes de traballo, a empresa facilitará fotocopia do parte de accidente ó comité de seguridade e saúde.

8. Fíxanse como límites normais de temperatura e humidade nos locais polos distintos traballos, sempre que o proceso de fabricación o permita, os seguintes:

-Para traballos sedentarios, de 17 a 22 graos centígrados.

-Para traballos ordinarios, de 15 a 18 graos centígrados.

-Para traballos que esixan acusado esforzo muscular, de 12 a 15 graos centígrados.

A humidade relativa da atmosfera oscilará de 40 a 60% agás nas instalacións que haxa perigo por xerarse electricidade estática, que deberá estar por riba do 50%.

9. En todo centro de traballo existirán retretes con descarga automática de auga corrente e papel hixiénico. Instalaranse con separación de sexos, cando se empreguen máis de dez traballadores. Nos retretes que vaian ser utilizados por mulleres instalaranse recipientes especiais pechados.

10. En tódolos traballos ó aire libre dotarase os traballadores de pezas de roupa de protección persoal para evitar rigores climáticos.

11. O soldador e os seus axudantes en operacións propias da función disporán e utilizarán viseiras, carapuchóns ou pantallas para a protección da súa vista e discos ou manoplas para protexe-las mans,

mandís de coiro e botas, que reunirán as características sinaladas no capítulo XIII da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene.

12. Extintores portátiles: en proximidade ós postos de traballo con maior risco de incendio, colocados en sitio visible e accesible disporanse extintores portátiles ou móbiles sobre rodas, de escuma física ou química, mestura de ámbalas dúas ou pos secos, anhídrido carbónico ou auga segundo conveña á causa determinante do lume que se vaia extinguir. Cando se empreguen distintos tipos de extintores serán rotulados con carteis indicadores do lugar e clase de incendio en que deben empregarse.

Instruirase o persoal, cando sexa necesario, do perigo que presenta o emprego de tetracloruro de carbono e cloruro de metilo en atmosferas cerradas e das reaccións químicas perigosas que poidan producirse nos locais de traballo entre os líquidos extintores e as materias sobre as que poidan proxectarse.

Os extintores serán revisados periodicamente e cargados segundo as normas das casas constructoras inmediatamente despois de usalos.

13. Equipos contra incendios: nas industrias ou centros de traballo con grave risco de incendios, instruirase e adestrarase especialmente o persoal integrado no equipamento ou brigada contra incendios, sobre o manexo e conservación das instalacións e material extintor, sinais de alarmas, evacuación dos traballadores e socorro inmediato ós accidentados. O persoal dos equipos contra incendios dispoñerá de cascos, traxes illantes, botas e luvas de amianto e cintos de seguridade; así mesmo disporá, se for preciso, para evitar específicas intoxicacions ou sufocación, de máscaras ou equipo de respiración autónoma. O material asignado ós equipos de extinción de incendios, escalas, cubertas de lona ou tecidos ignífugos, machetas, picos, pas, etc. non poderá ser usado para outros fins e a súa localización será coñecido polas persoas que deban empregalo. A empresa designará o xefe de equipo ou brigada contra incendios, que cumprirá estrictamente as instruccións dictadas polo comité de

seguridade e saúde para a extinción do lume e as do servicio médico da empresa para o socorro dos accidentados.

Artigo 25º.-Pezas de roupa de traballo.

1. Proverase a todo o persoal de dúas pezas de roupa de traballo ó ano; a súa entrega efectuarase no mes de xaneiro. Ó persoal que preste os seus servicios nas cadeas de inxección e pintura ou postos de traballo con características similares (industrialización lanzamentos, forrado, etc...) como mínimo seis meses no ano entregaráselle unha peza máis ou mandil no mes de xullo.

2. O persoal poderá utiliza-las pezas de roupa de traballo que lle foran facilitadas no ano en que estamos e no anterior.

3. Así mesmo, ó persoal de fabricación tanto directo como indirecto entregaráselle anualmente un par

de zapatos de seguridade; o persoal da planta metálica, en lugar do par referido de zapatos, será provisto anualmente dun par de botas de seguridade.

Artigo 26º.-Medidas sindicais.

As horas do crédito horario establecido legalmente para os membros do comité de empresa ou delegados sindicais poderán ser acumuladas a favor dun ou varios membros do comité, logo de aviso ó departamento de persoal no mes anterior á acumulación, agás as circunstancias ou casos excepcionais en que non se poida facer coa dita antelación e debendo constar, en todo caso, por escrito a conformidade do membro cedente do seu crédito horario.

Artigo 27º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá dereito preferente para ocupar aquela vacante de posto de traballo existente ou de nova creación que poida desempeñar con eficacia suficiente e sexa da súa categoría profesional. No expediente interno que se incoe para o efecto oirase o comité de empresa e o servicio médico da empresa.

Artigo 28º.-Seguro colectivo.

1. A empresa comprométese a actualiza-la póliza de seguros a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las continxencias e polos capitais que se sinalan:

a) En caso de falecemento por causas naturais: dous millóns (2.000.000) de pesetas.

b) En caso de falecemento por accidente: tres millóns duascentas cincuenta mil (3.250.000) pesetas.

c) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo derivado de accidente: tres millóns cincocentas mil (3.500.000) pesetas.

d) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo derivado de enfermidade: tres millóns (3.000.000) de pesetas.

2. O compromiso adquirido no presente artigo producirá efecto e entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro de 2000.

Artigo 29º.-Xubilación.

1. Xubilación forzosa: para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente convenio, establécese a xubilación forzosa e cesamento na empresa ó acada-la idade regulamentaria (65 anos) para acceder á situación protexida de xubilación, sempre que o traballador reúna o período mínimo de carencia (actualmente, 15 anos) esixido no sistema de seguridade social para causar dereito á pensión de xubilación. En caso de que o traballador afectado non acreditase o indicado período mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación, poderá continua-la súa vinculación e prestación de servicios na empresa polo tempo necesario ata acada-lo referido período mínimo de carencia (15 anos).

Como excepción á obrigada xubilación forzosa e cesamento na empresa ó acada-la idade regulamentaria (65 anos), establécese a posibilidade de que o traballador que nesa data non acredite o período de cotización efectiva e/ou bonificada (35 anos de cotización) para ter dereito á pensión de xubilación do 100% da base reguladora poida prorroga-la súa vinculación e prestación de servicios na empresa polo tempo necesario para acada-lo requirido período de cotización (35 anos) e, en calquera caso, como máximo durante tres anos máis (ata os 68 anos de idade).

2. Xubilación voluntaria anticipada: os traballadores con 64 anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación co 100% dos seus dereitos nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, comunicarán a súa decisión á empresa cun mes de antelación á data da súa xubilación. Recibida a anterior comunicación, a empresa deberá proceder, simultaneamente co cesamento por xubilación, á contratación do traballador substituto nos termos e condicións do referido Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Respecto dos traballadores con 63 anos de idade, a empresa poderá estudia-las eventuais propostas que sexan formuladas por calquera empregado deste colectivo.

Artigo 30º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para as industrias químicas con data do 14 de xullo de 1974 se aplicará a título de dereito dispositivo mentres as ditas materias non estean reguladas polo convenio colectivo, e Estatuto do traballador e pola LOLS no relativo a sindicatos, comité de empresa e seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 31º.-Comisión negociadora.

O presente convenio colectivo foi negociado entre a totalidade do comité de empresa do centro de traballo de Vigo e o delegado de persoal do centro de traballo do Porriño e a representación da dirección da empresa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Diferenciación entre oficina técnica/servicios comúns e fabricación.

O comité de empresa é partícipe da diferente regulación en canto a condicións laborais, distribución de xornada ordinaria e/ou extraordinaria e calendario laboral que debe existir nos departamentos de oficina técnica/servicios comúns (industrialización, enxeñería, loxística externa, administración, persoal, planificación de producción, contabilidade analítica, laboratorio), respecto do departamento de fabricación, dadas as especiais características que concorren na actividade que se vai desenvolver naqueles

departamentos. Informando debidamente o comité de empresa.

Segunda.-Contratación temporal.

Establécese, expresamente, que durante a vixencia do presente convenio será de aplicación á empresa o pactado no número 8 e número 2 do artigo 13 do XII Convenio xeral de aplicación da industria química (BOE nº 139, do 16 de xuño de 1999).

TÁBOA ANEXA I

Antigüidade

Categoría profesionalBase salario

mensual

Trienio

mes

Quinquenio

mes

Director técnico217.9164.2138.249
Subdirector técnico196.1403.8457.689
Técnico xefe171.3683.4836.958
Técnico159.1183.1116.230
Perito enxeñeiro técnico148.6582.9645.937
Graduado social128.7252.9645.937
Axudante técnico134.4112.9645.937
Mestre industrial126.5342.9645.937
Contramestre132.0392.9645.937
Encargado128.7282.9645.937
Capataz123.2792.9645.937
Auxiliar de laboratorio116.7742.9645.937
Aspirante auxiliar

de laboratorio

89.2312.0364.064
Xefe organización de 1ª139.1902.9645.937
Xefe organización de 2ª132.6362.9645.937
Técnico organización de 1ª128.0092.9645.937
Técnico organización de 2ª123.8302.9645.937
Auxiliar de organización114.8932.9645.937
Aspirante de organización89.2312.0364.064
Xefe de 1ª administrativo148.7612.9645.937
Xefe de 2ª administrativo139.1912.9645.937
Oficial de 1ª administrativo131.9022.9645.937
Oficial de 2ª administrativo126.5342.9645.937
Auxiliar administrativo114.0302.9645.937
Aspirante administrativo89.2312.0364.064
Delineante proxectista142.7652.9645.937
Delineante134.2082.9645.937
Calcador123.0082.9645.937
Auxiliar técnico oficina114.0302.9645.937
Aspirante89.2312.0364.064
Almaceneiro116.5932.9645.937
Conserxe113.0062.9645.937
Capataz de peón114.2642.9645.937
Listeiro112.3672.9645.937
Basculeiro110.0602.9645.937
Garda xurado110.0602.9645.937
Persoal sanitario non titulado106.9922.9645.937
Garda vixilante108.0662.9645.937
Ordenanza108.7132.9645.937
Porteiro108.7132.9645.937
Diversos108.7132.9645.937
Mozo dos recados89.2312.0364.064

Antigüidade

Base salario

día

Trienio

día

Quinquenio

día

Limpadora3.50799197
Oficial de 1ª auxiliar3.82699197

Antigüidade

Base salario

día

Trienio

día

Quinquenio

día

Oficial de 2ª auxiliar3.71199197
Oficial de 3ª auxiliar3.68599197
Aprendiz de 16 anos2.87968132
Aprendiz de 17 anos2.87968132
Profesional de 1ª industrial3.71199197
Profesional de 2ª industrial3.68599197
Axudante3.64799197
Peón3.61199197
Pinche de 16 a 17 anos3.03368132
Encargado de actividades comple.3.71199197
Oficial de 1ª A.C.3.68599197
Oficial de 2ª A.C.3.52699197
Aprendiz primeiro ano2.60755102
Aprendiz segundo ano2.73955102

MesTrienio

mes

Quinquenio

mes

Persoal técnico
Axudante técnico sanitario126.5342.9645.937
Profesor EXB126.5342.9645.937
Analista de laboratorio117.9992.9645.937
Xefe de proceso de datos171.3683.4866.964
Analista148.6582.9645.937
Xefe de explotación148.6582.9645.937
Programador de ordenadores132.6372.9645.937
Programador de máquinas

auxiliares

134.4252.9645.937
Operador de ordenadores134.4252.9645.937

Empregados
Xefe de vendas, prop. e/ou

publicidade

148.7612.9645.937
Inspector143.9512.9645.937
Delegado135.9132.9645.937
Axente de propaganda e/ou

publicidade

130.6832.9645.937
Viaxante130.6832.9645.937
Corredor en praza123.7682.9645.937

TÁBOA ANEXA II

Incentivos

RendementosPesetas

1043.801
1108.288
11613.127
12221.416
12525.564
12626.945
12728.327
12829.708
12931.090
13032.474
13133.847
13235.233
13335.578