Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.160

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 16 do grupo III (especialista de oficios) (lista B) publicada por Resolución do 14 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 24 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 16 do grupo III (especialista de oficios) (lista B) publicada por Resolución do 14 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 24 de xullo), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

Incluír a María José Mazoy Fernández, con DNI nº 33.842.243 no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 6, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 6 e no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 9, en todos eles cunha puntuación de 1,250 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública