Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 1 do grupo V (camareiro/a limpador/a e outros) (lista B) publicada por Resolución do 16 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 1 do grupo V (camareiro/a limpador/a e outros) (lista B) publicada por Resolución do 16 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Mª Dolores Pardo Arias, con DNI nº 33.848.946 no ámbito xeográfico X2705 co número de orde 101 e no ámbito xeográfico X2710 co número de orde 47 e en todos eles cunha puntuación de 1,590 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública