Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/166-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., A Barcia.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: transformación liña eléctrica aérea en subterránea, en tramo de liña denominada de subestación Santiago II-Negreira, de dobre circuito ó seu paso pola urbanización A Barcia, instalando apoio metálico para paso aero-subterráneo, baixo tubos e con conductor R.H.V-12/20 kV de 2x3(1x240) mm Al, de 480 m, de lonxitude, entrando e saíndo no C.T. A Barcia que se vai instalar e volvendo conectar coa liña subestación Santiago II-Negreira a uns 20 m de C.T. Centro de transformación tipo caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Barcia. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións