Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/61-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T.A. O Roxal.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña Fervenza-Vilallante (expediente 33231) e final no C.T. O Roxal, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, no Roxal. Liña de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.350 m de lonxitude, con orixe no C.T. Roxal I e discorrendo polo lugar do Rosal. Liña de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.323 m de lonxitude, con

orixe no C.T. Roxal II e discorrendo polo lugar do Roxal. Neda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 17 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións