Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/415-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: modificado I subestación Redondela-Os Valos.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 551 m de lonxitude, desde o apoio proxectado nº 1 onde enlaza coa L.M.T.S. procedente da sub. Redondela ata o apoio existente nº 8 L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 1.246 m de lonxitude, desde o apoio proxectado nº 1 onde enlaza coa L.M.T.S. procedente da sub. de Redondela ata o C. secc. Redondela. L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 5.470 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 existente, onde se realiza a derivación a Rande ata o apoio nº 17 existente xunto á sub. Redondela. L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 470 m de lonxitude, desde a sub. Redondela ata o apoio proxectado nº 1 onde enlaza co a L.M.T.A. proxectada sub. Redondela-Cedeira. L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 645 m de lonxitude, desde a subestación de Redondela ata o apoio proxectado nº 1 desde onde continúa a L.M.T. aérea. L.M.T. subterránea, a 20 kV, con

conductor R.H.V. de 336 m de lonxitude desde un apoio que se vai colocar tipo C-4500/22 na L.M.T.A. Cidadelle-Argorén, ata o apoio que se vai a colocar tipo C-7000/16 na mesma liña. Toda a instalación está situada no Concello de Redondela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 28 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución 24-7-2000)

Carmen Girón Daviña

Secretaría provincial de Pontevedra