Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/224-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sabarigo.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 94 que se vai colocar da L.M.T. existente Marín-Bueu, ata o apoio existente N.96 da mesma liña. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 95 da L.M.T. Marín-Bueu ata o C.T. que se proxecta en Sabarigo, concello de Bueu. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 28 de xullo de 2000.

P.D. ( Resolución 24-7-2000)

Carmen Girón Daviña

Secretaría provincial de Pontevedra