Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 9 de agosto de 2000 pola que se declara a alleabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Padrón, Santiago de Compostela, Begonte, Carballedo, Lourenzá, Palas de Rei e Trasmiras.

Polos decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 99/1999, do 8 de abril (DOG nº 75, do 21 de abril), 55/2000, do 3 de marzo (DOG nº 59, do 24 de marzo), e 186/2000, do 7 de xuño (DOG nº 138, do 17 de xullo) desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Padrón, Santiago de Compostela, Begonte, Carballedo, Lourenzá, Palas de Rei e Trasmiras.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alleabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alleabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. No lugar de Nabal, predio nº 1.084 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Cruces, municipio de Padrón (A Coruña), que ten unha superficie de 9.660 m. Estrema: norte, María Rivas Barreiro (1085); sur, Antonio García Mirón; leste, camiño; oeste, zona excluída.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 487, libro 110, folio 128, predio nº 9.684, inscrición 2ª.

2. Predio nº 381 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Villestro (Santa María), no sitio de Sandomil, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 3.708 m de extensión. Linda: norte, masa común (382); sur, Francisco Villaverde e outros, hoxe Domingo Freire Caamaño; leste, Pedro Castiñeiras Tarrío e outros (379); e oeste, camiño da concentración parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela no tomo 962, libro 10, folio 66, predio nº 804, inscrición 3ª.

3. Predio nº 382 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Villestro (Santa María), no

sitio de Sandomil, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 6.685 m de extensión. Linda: norte, Carmen Baliñas García, rego no medio; sur, José Freire López; leste, Pedro Castiñeiras Tarrío e outros; e oeste, camiño da concentración parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela no tomo 1.203, libro 245, folio 14, predio nº 23.040, inscrición 1ª.

4. Predio nº 457 do plano xeral de concentración parcelaria da zona da Enfesta (San Cristovo), no sitio de Carabas de Afora, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 10.319 m de extensión. Linda: norte, Pilar Suárez Piñeiro; sur, Jesusa Picón Liste e camiño de concentración; leste, Andrés Cruz Seijo; e oeste, Jesusa Picón Liste e Aurelio Vidal Ríos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela no tomo 1.004, libro 46, folio 119, predio nº 3.799, inscrición 4ª.

5. Edificio de planta baixa e dous andares, de 180, 178 e 165 m por planta respectivamente, o que fai un total de 523 m construídos sobre unha parcela de terreo, á que lle chaman Fondal das Garrigas ou dos Pedregas, de 195 m aproximadamente, situado na avenida do Concello, s/n, no municipio de Begonte (Lugo). Estrema: norte, Francisco Vázquez Teijido; sur, avenida do Concello; leste, Jesús Grandío Silvoso, hoxe Virgilio Arias Quijada; e oeste, praza dos Irmáns Souto Montenegro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilalba no tomo 153, folio 76, predio nº 2.177, inscrición 2ª.

6. Edificio de planta baixa e alta que ocupa 103 m cada andar, aproximadamente, construído sobre un soar de 220 m de superficie, situado na avenida dos Peares, nº 33, do lugar da Barrela, municipio de Carballedo (Lugo), que linda: norte, con máis de Gabriel Pereira González e dona, e máis de Maximino Estévez Estévez e de María e Jesús Varela Fernández; sur, estrada da Barrela ós Peares; leste, máis de Maximino Estévez Estévez e dos irmáns María e Jesús Varela Fernández; e oeste, máis de Gabriel Pereira González e da súa dona.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 680, libro 87, folio 194, predio nº 11.674, inscrición 1ª.

7. Edificio que consta de tres andares, baixo, primeiro e segundo, de 150 m por planta aproximadamente, que se asenta sobre un soar de 196 m en total, localizado no lugar de Teivín, parroquia de Vilanova, hoxe rúa Carrero Blanco, nº 12, municipio de Lourenzá (Lugo). Estrema: norte e oeste, Manuel Méndez Fernández; sur, José Rodríguez Alonso; e leste, accesos ó colexio nacional, hoxe rúa Carrero Blanco.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 645, libro 81, folio 147, predio nº 7.173, inscrición 3ª.

8. Edificio de baixo e primeiro andar de 61 m construídos por planta, sobre un soar de 101 m en total, situado no lugar de Campo do Pereiro, parroquia e municipio de Palas de Rei (Lugo). Estrema: norte, co predio do que se segrega; sur, Antonio Carnero Vázquez; leste, herdeiros de Filomena Gómez; e oeste, vía pública, hoxe rúa Ourense, nº 31.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 476, libro 52, folio 132, predio nº 6.722, inscrición 3ª.

9. Edificio de planta baixa, que ocupa 112 m do seu soar de 250 m de superficie total, no sitio ó que lle chaman O Fornelo, hoxe rúa Otero Pedrayo, nº 168, municipio de Trasmiras (Ourense). Estrema: norte, estrada de Vilacastín a Vigo, estrada nacional N-525; sur, terreo comunal, hoxe campo de fútbol Fornelo; leste, terreo comunal, hoxe Escola de Trasmiras; e oeste, comunal, hoxe cuartel da Garda Civil.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 701, libro 71, folio 155, predio nº 7.093, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda