Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Domicilio social: avda. José Antonio 21, 36830 A Lama.
Denominación: L.M.T. e C.T. A Airoa.
Situación: Fornelos de Montes.
Descricións técnicas: L.M.T, aérea, de 628 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o derradeiro apoio da L.M.T. Verducido-A Laxe ata o C.T. que se proxecta na
Airoa, concello de Fornelos de Montes. C.T. 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xullo de 2000.
P.D. (Resolución 24-7-2000)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra