Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/162-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T., Cee IV.

Situación: Cee.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV que parte da L.M.T.S. de C.T. Cee VI a C.T. Doca, con entrada e saída en C.T. Cee IV, de 60 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 240 mm AL. C.T. prefabricado en praza mercado denominado Cee IV de 1.000 kVA e ensamblaxe coa R.B.T. existente. Concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña