Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.038

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2000 pola que se declara deserto o posto convocado a concurso de méritos por Resolución do 2 de xuño de 2000.

Mediante resolución da Universidade de Vigo, do 2 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 26) convocouse concurso de méritos para a provisión dun posto de traballo de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

De conformidade co punto 4.1. das bases da convocatoria, o prazo para a presentación de solicitudes era de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

Rematado este prazo sen terse presentado ningunha solicitude, este rectorado, de conformidade coas bases da convocatoria, acorda dicta-la seguinte resolución:

Declarar deserta a vacante de director/a da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo, nivel de complemento de destino 28, adscrición A1/A4 -grupo A-, corpo: EX 11.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación da presente resolución ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo antes

citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de agosto de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo