Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.037

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2000 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de administrativos.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Cixtec de administrativos, convocada por Resolución do 2 de marzo

de 2000, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria:

Noméase persoal laboral fixo de administrativos do Cixtec, na categoría de administrativos, grupo III, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I.

As persoas á que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2000.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable