Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense.

Visto o texto do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 19-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, por Manuel Ángel García Ginzo en representación dos traballadores, o día 20-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Concialiciaón desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xullo de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Pacto extraestatutario de empresa para a axencia distribuidora de gas butano e propano Butacid Verín, S.L.

En Verín, o 20 de xuño de 2000, reúnense Octabio J. Cid Andre, en nome e representación da empresa Butacid Verín, S.L. e Manuel Ángel García Ginzo, en calidade de delegado de persoal desta, co obxecto de aproba-lo pacto extraestatutario de empresa que a continuación se desenvolve.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente pacto extraestatutario será de aplicación para a empresa con domicilio social en Verín, estrada de Castela s/n, que ten o nome comercial de Butacid Verín, S.L., producto da transformación da sociedade anónima Butacid Verín, S.L. en socie

dade limitada, coa razón social Butacid Verín, S.L. con data do trinta e un de agosto de mil novecientos noventa e tres, quedando a nova empresa subrogada nos dereitos e obrigas laborais da anterior, segundo o esixido polo artigo 44 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste pacto extraestatutario todo o persoal relacionado coa actividade de distribución de gas butano e propano, así como instalacións de redes de distribución de G.L.P. e calefación, salvo que exerza funcións de alta dirección ou alto consello.

Artigo 3º.-Duración, prórroga, denuncia e revisión.

A duración do presente pacto extraestatutario será de dous anos, prorrogádose de ano en ano, se non é denunciado con tres meses de antelación ó remate da súa vixencia. Deberá facerse coa comunicación a que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

As táboas salariais deberán ser revisadas mediante negociación das partes con efectos do primeiro de cada ano.

Artigo 4º.-Garantía das personam.

As cantidades superiores pactadas a título persoal, ou calquera outra mellora que teña establecida a empresa no momento da sinatura do presente pacto extraestatutario, serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente pacto extraestatutario poderán ser compensadas ou absorvidos por calquera outra mellora voluntaria, ou por disposición legal en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario. Todo iso conforme co disposto na orde ministerial do 22 novembro de 1973, no seu artigo 10 número 2º.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo para todo o persoal de 40 horas semanais para os anos 200 e 2001.

Artigo 7º.-Vacións.

Establécese un período de vacacións de 30 días naturais. As vacacións desfrutaranse preferentemente nos meses de maio a outubro ambos inclusive.

Incluirase no salario correspondente ás vacións o complemento de transporte establecido no presente pacto extraestatutario.

Artigo 8º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de:

-Salario base (táboa anexa).

-Complementos salariais.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade estará composto de cuadrienios na contía do 5% do salario base.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

O complemento de transporte figura na táboa de salarios anexa.

A esta complemento aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións en caso de faltas de asistencia ou puntualidade.

Por parte cada dúas faltas de asistencia ó traballo perderase a parte correspondente a tres días de complemento.

Por cada catro faltas de puntualidade inxustificadas perderase o complemento correspondente a sete días.

Por cada cinco faltas de puntualidade inxustificadas perderase a totalidade do complemento mensual.

Cada dúa faltas de puntualidade considerarase unha de asistencia, tendo en conta que para efectos de penalización deste complemento se considerará como falta de asistencia a de puntualidade superior a media hora.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán en tres mensualidades do salario base máis antigüidade, pagadoiras unha en xullo, unha en decembro e outra de xaneiro a marzo e por anos vencidos, como participación en beneficios.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias pagaranse incrementadas nun 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, salvo as realizadas en festivos e domingos, cun incremento do 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 13º.-Roupas de traballo.

A empresa dotará os traballadores de roupas de traballo adecuadas ó tipo de labor e á época do ano.

Artigo 14º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez provisional terá dereito á reincorporación ó traballo en canto cese esa situación. O prazo de reincorporación ó traballo será instantáneo a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Artigo 15º.-Sistema de contratación.

Durante a vixencia do presente pacto extraestatutario, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada, acollerase ó disposto na letra b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo

e o fomento da contratación indefinida, en virtude da cal eses contratos quedarán incluídos no rexistro previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 16º.-Fomento á contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b do Estatuto dos traballadores, para unha menor precarización do emprego que se deriva do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos a que se refire ese artigo, poderá realizarse cunha duración mínima de sies meses e un máximo de trece meses e medio. O presente contrato sométese a un réxime específico de comunicación, con esixencia de aviso previo escrito con polo menos 15 días de antelación á súa data de finalización. No caso de que esa extinción non obedecese á finalización das correspondentes prórrogas, o traballador terá dereito á indemnización que legalmente corresponda por despedimento.

Disposicións transitorias

Primeira.-Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte:

Botellas de 12,5 kg e 11 kg: 105 botellas/día.

Botellas de 35 kg: 40 botellas/día en equipo de dous.

Estes rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto á climatoloxía, estado do vehículo e temporada, ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda.-Para efectos económicos, o presente pacto extraestatutario entra en vigor o 1 de xaneiro de 2000, co que estes se retrotraen a esa data.

Terceira.-O presente pacto extraestatutario asínano o representante dos traballadores e a dirección da empresa, de conformidade á lexitimación prevista na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Representante dos traballadores

Manuel Ángel García Ginzo

Pola empresa

Octavio J. Cid Andre

ANEXO

Táboa salarial para 2000

Salario baseComplemento de

transporte

Encargado xeral95.3977.946
Xefe de contabilidade93.9717.946
Encargado de almacén84.6027.946
Xefe de negociado84.6027.946
Oficial de primeira78.6497.946

Salario baseComplemento de

transporte

Oficial de segunda76.6797.946
Cobrador75.3647.946
Conductor de remolque78.6497.946
Conductor camión pesado78.6497.946
Conductor de reparto78.6497.946
Mecánico visitador78.6497.946
Mecánico instalador78.6497.946
Conductor de carreta78.6497.946
Mozo de reparto75.5127.946
Garda75.5127.946
Mozo de almacén75.5127.946
Aprendiz71.2617.946
Xefe administrativo84.6027.946
Oficial administrativo78.6497.946
Auxiliar administrativo76.6797.946
Telefonista de pedidos76.6797.946
Limpadora512-H7.946