Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación chamado Roupeiro, 2777.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución de data 28-6-2000, otorgouse a David Fernández Grande, S.L. o permiso de investigación nomeado Roupeiro nº 2777, de catro cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra, e sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticeLonxitudeLatitude

18º 35' 40''42º 09' 40''

28º 35' 00''42º 09' 40''

38º 35' 00''42º 09' 00''

48º 35' 40''42º 09' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 25 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra