Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 228/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Expediente 228/1999. Modificación das instalacións eléctricas recollidas en documento: anexo I proxecto L.A.T. 220 kV. Subestación Mesón do Vento-subestación Vimianzo, entre os apoios 31 e 32, consistente en introducir o van de 475 m de lonxitude entre os apoios nº 31 e 32, un terceiro apoio nº 31 bis, quedando dous vans de 245 m e 230 m

cun cambio de trazado da liña neses vans e cambiando as características mecánicas dos apoios en ángulo nº 31 e 32, Cerceda. Coa finalidade de mellora-la rede de alta tensión no oeste da provincia da Coruña, como consecuencia do desenvolvemento dos plans eólicos e novas centrais de coxeración.

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 31 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 228/1999Provincia: A Coruña.

Anexo I. L.A.T. 220 kV. Sub. Mesón-Sub. Vimianzo entre apoios 31 e 32Termo municipal: Cerceda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

184FragaMonte altoOlga Ramallal LópezRosalía de Castro, 44-B, 4º B, 15706 Santiago de Compostela31402918.708

185C.H. das HortasMonte altoPreciosa e Pedro López SantosVilar-Queixas, 15186 Cerceda401.177

186C.H. das HortasMonte altoJulio López BestilleiroMiguel Servet, 2-4º D, 15172 Perillo-Oleiros17

189C.H. das HortasMonte altoManuel Mosquera RegueiraVirís de Arriba-Queixas, 84, 15186 Cerceda852.628

189AC.H. das HortasPradoMaría Castro BotanaBarroso-Queixas, 15186 Cerceda41782

191APortra das EguasMonte altoManuel Mosquera RegueiraVirís de Arriba-Queixas, 84, 15186 Cerceda31bis401033.110

191DPorta das EguasMonte altoManuel Mosquera RegueiraVirís de Arriba-Queixas, 84, 15186 Cerceda371.168

192Porta das EguasMonte altoManuel Mosquera RegueiraVirís de Arriba-Queixas, 84, 15186 Cerceda3234601.593