Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobados polo órgano municipal competente os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico administrativas, anúnciase o concurso público urxente, polo procedemento aberto, que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican, e exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Guarda.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Rede de sumidoiros en Salcidos, Camposancos e A Roda (orzamento de execución 12.013.792 ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Os sinalados no punto dous.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 da base.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Guarda.

b) Domicilio: praza de España, 1.

c) Localidade: A Guarda.

d) Teléfono: 986 61 00 00.

e) Fax: 986 61 02 83.

f) Fecha límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó remate de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación das ofertas.

En man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello da Guarda, praza do Reló, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 17 de agosto de 2000.

José Luis Alonso Riego

Alcalde