Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Anuncio de adxudicación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de mercado municipal, primeira fase. Planificación plurianual. Anualidade 2000 e 2001.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato.

Realización da obra de mercado municipal, primeira fase.

Redactor do proxecto: Fernando Iglesias Castro.

Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación e procedemento.

Urxente, con procedemento aberto.

4. Forma.

Concurso.

5. Orzamento.

33.706.402 pesetas.

Anualidade 2000: 5.134.973 ptas.

Anualidade 2001: 28.571.429 ptas.

6. Clasificación empresarial.

Grupo A. Subgrupo 01. Categoría C.

Grupo C. Subgrupo 02 e 07. Categorías D.

Grupo E. Subgrupo 01. Categoría C.

7. Garantía provisional.

2%: 674.128 pesetas.

8. Garantía definitiva.

4% do prezo de adxudicación.

9. Obtención de documentos e información.

Concello de Cee, rúa Domingo Antonio de Andrade s/n. Teléfono: 981 74 51 00, fax: 981 74 67 57.

10. Presentación de ofertas.

Trece días naturais, contados desde a publicación do último anuncio.

11. Documentación.

A que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación.

Na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina.

13. Apertura de propostas.

Ás 19.30 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo de presentación de propostas, no caso de que sexa sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediatamente seguinte.

14. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cee, 4 de setembro de 2000.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente