Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión do día 8 de agosto de 2000, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, da obra denominada: proxecto básico e de execución de recuperación de edificio de mercado para museo etnográfico de Portomarín (Lugo).

1. Obxecto: execución da obra de proxecto básico de execución de recuperación de edificio de mercado para museo etnográfico de Portomarín (Lugo).

2. Orzamento base de licitación: 30.000.000 de ptas., no que se inclúen o beneficio industrial, os gastos xerais, fiscais, a dirección da obra e o IVE.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Prazo de execución das obras: oito meses.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación e definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Portomarín (Lugo), teléfono: 982 54 50 70, fax: 982 54 51 04. A data límite para a obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica. Clasificación: grupo C, categoría B.

7.1. Outros requisitos: os especificados no prego.

8. Prazo para presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

8.2. Modelo de proposición: o que figura no prego.

9. Apertura de plicas: terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Portomarín, 10 de agosto de 2000.

Eloy Rodríguez López

Alcalde