Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso das obras de reforma e melloras nos circuítos de luz pública da zona rural do concello de Pontevedra: parroquias de Marcón, Lourizán, Mourente, Salcedo e outras.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, pza. de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: sesenta días. c) Forma: concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Presuposto da licitación: 26.098.361 ptas., incluídos todo xénero de gastos.

5. Clasificación do contratista.

Grupo I, subgrupo 9, categoría d.

6. Garantías. Provisional: 521.967 ptas. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas, se coincidira en sábado a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Ampliación do número de circuítos para reformar ou instalar novos: ata un 40%.

b) Melloras que hai que introducir no proxecto para conseguir un aforro enerxético a instalar polo adxudicatario e outras ofertadas polo licitador: ata un 30%.

c) Mantenemento da obra executada e prazo de garantía: ata un 10%.

d) Calidade dos materiais ofertados polo licitador: ata un 10%.

e) Reducción do prazo de execución: ata un 10%.

Pontevedra, 4 de setembro de 2000.

Raimundo González Carballo

Teniente de alcalde delegado

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral