Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 27 de xullo

de 2000, acordou prestar aprobación inicial ó expte. 21/2000 modificación puntual das aliñacións para ampliación e mellora da C.P. 0512, promovido de oficio, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio de Urbanismo, e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Para lle dar cumprimento ó disposto no art. 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual, mentres non se produza a aprobación definitiva súa.

Arteixo, 8 de agosto de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

Mª Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde