Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.869

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza.

Vacantes na Administración de Xustiza postos de traballo dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares

e axentes da Administración de Xustiza dotados orzamentariamente, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico do corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispón convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte no presente concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non remataran o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I desta convocatoria, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo código do centro de destino, relación de postos de traballo e número de orde do posto de traballo. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun dos órganos xudiciais enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza só poderán participar se, na data de remate do prazo de presentación de instancias, transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57.c do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996, (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, transcorreran dous anos como mínimo desde que foran declarados nesa situación.

3. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do derradeiro destino definitivo.

4. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34.a) do Regulamento orgánico

aprobado por Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala. Para exercer este dereito haberán de solicitar tódalas vacantes que se ofertan na localidade para a que se exerce a preferencia.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas e os coñecementos informáticos naquelas prazas para as que así se estableza.

1. Antigüidade. Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios, e computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial da comunidade autónoma, ou homologación do título achegado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

3. Coñecementos informáticos. Nas prazas para prover que comporten especiais coñecementos informáticos e que así se sinalen nas relacións de prazas que se van solicitar do anexo I, a quen acredite mediante fotocopia compulsada de certificación oficial os ditos coñecementos, outorgaráselle para estes efectos ata 6 puntos ademais da antigüidade ou dos puntos obtidos polo coñecemento da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma que corresponda, de conformidade co establecido no número 10º do artigo 54 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro. Para tal efecto, teranse en conta os seguintes criterios:

1. Nivel 1: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Educación e Cultura, Ministerio para as administracións públicas, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, comunidades autónomas sen competencias transferidas e centros homologados e/ou recoñecidos, 0,50 puntos por curso, cun máximo de dous puntos.

2. Nivel 2: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e departamentos de Xustiza das comunidades autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Administración de Xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de ata 100 horas lectivas, tres puntos.

3. Nivel 3: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e departamentos de Xustiza das comunidades autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Administración de Xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de máis de 100 horas lectivas, catro puntos.

4. Nivel 4: títulos de formación profesional II ou III grao, especialidade informática, diplomatura en informática, cinco puntos.

5. Nivel 5: licenciatura en informática, seis puntos.

Os devanditos criterios non terán carácter acumulativo. No caso de que o funcionario alegue coñecementos informáticos aplicables a dous ou máis criterios considerarase unicamente aquel que lle otorgue maior puntuación, e para o caso de non consta-las horas do curso impartido polo Ministerio de Xustiza ou Comunidade Autónoma con competencia en xestión de persoal ó servicio da Administración de Xustiza, considerarase do valor dos sinalados no punto 2 desta clasificación.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II da presente resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de Xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante a presente resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II

a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar no presente concurso, como os excedentes forzosos aínda que tivesen un destino provisional, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo, os participantes con destino provisional por teren reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante a presente resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano

s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario; neste caso, deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, Xerencias Territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (edificio administrativo San Caetano s/n 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso, antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado; neste suposto, presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, ainda que posteriormente puidese acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadirán á súa solicitude declaración de non ter sido separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante. Do mesmo modo, mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

8. No caso de discrepancia entre a transcrición do código informático dun posto concreto e seu literal, quedaría anulada a petición do dito posto.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estar interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional, deberan concretalo na súa instancia, e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se presentase a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base, deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, se acudirá para dirimilo á orde escalafonal do funcionario.

Sétima.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso, terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Oitava.-Resolución e prazo posesorio.

1. A presente convocatoria resolverase por resolución provisional da directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, de xeito que se publiquen simul

taneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como dos tribunais superiores de xustiza e audiencias provinciais.

2. A resolución provisional expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra as resolucións provisionais polas que se resolvan os concursos de traslado cabe formular alegacións no prazo de dez días naturais desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, perante a autoridade a quen se dirixiu a petición de participación no presente concurso, utilizando para iso o modelo que se xunta á presente resolución como anexo III. Resoltas estas por outra resolución, o concurso de traslado obterá firmeza.

Aquelas alegacións que non foran resoltas expresamente, consideraranse desestimadas ante a publicación da resolución definitiva do concurso.

4. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido se atopará dentro do establecido no artigo 55 do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, pero cando teña lugar dentro da mesma localidade, deberá efectuarse nos oito días naturais seguintes ó cesamento.

5. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

6. Se a resolución comporta reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá comezar a contar desde dita publicación definitiva.

7. Se non se lograra a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no BOE.

8. O cómputo dos prazos posesorios se iniciará cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o desfrute deles.

Novena.-Recursos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO I

Oficiais

Descrición do posto de traballoDotaciónPreferencias

Comunidade Autónoma de GaliciaCódigoRPTNº orde

oficial

VacantesIdiomaInformática

Primeira Instancia número dez da Coruña92521010150013534SiSi

Xulgado do Penal número catro da Coruña92525004150013532SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela92524000157703532SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol (A Coruña)92524000153503532SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número sete de Ourense92523007320013533SiSi

Xulgado do Penal número tres de Pontevedra92525003360013532SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo (Pontevedra)92524000365603532SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número dous de Caldas de Reis (Pontevedra)92523002360503532SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados (Pontevedra)92523003360603532SiSi

Xulgado do Social número tres de Lugo92526003270013531SiSi

Xulgado do Social número dous de Vigo (Pontevedra)92525002365603531SiSi

Auxiliares

Descrición do posto de traballoDotaciónPreferencias

Comunidade Autónoma de GaliciaCódigoRPTNº orde

auxiliar

VacantesIdiomaInformática

Primeira Instancia número dez da Coruña92521010150013545SiSi

Xulgado do Penal número catro da Coruña92525004150013544SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela92524000157703544SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol (A Coruña)92524000153503544SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número sete de Ourense92523007320013544SiSi

Xulgado do Penal número tres de Pontevedra92525003360013544SiSi

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo (Pontevedra)92524000365603544SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número dous de Caldas de Reis (Pontevedra)92523002360503543SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados (Pontevedra)92523003360603543SiSi

Primeira Instancia e Instrucción número tres-Decanato Cambados (Pontevedra)92523210360603541SiSi

Axentes

Descrición do posto de traballoDotaciónPreferencias

Comunidade Autónoma de GaliciaCódigoRPTNº orde

axentes

VacantesIdiomaInformática

Primeira Instancia número dez da Coruña92521010150013551SiNon

Xulgado do Penal número catro da Coruña92525004150013552SiNon

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela92524000157703551SiNon

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol (A Coruña)92524000153503551SiNon

Primeira Instancia e Instrucción número sete de Ourense92523007320013552SiNon

Xulgado do Penal número tres de Pontevedra92525003360013552SiNon

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo (Pontevedra)92524000365603551SiNon

Primeira Instancia e Instrucción número dous de Caldas de Reis (Pontevedra)92523002360503552SiNon

Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados (Pontevedra)92523002360603552SiNon

Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela92523001157703561SiNon

Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela92523004157703551SiNon

Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela92525001157703551SiNon

Xulgado do Social número un de Ourense92526001320013551SiNon