Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.869

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 1 de setembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 1 de agosto de 2000 (DOG nº 152, do 7 de agosto), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da fun

ción pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei e na disposición sexta da mencionada orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se sinala no anexo desta orde, adxudicándolle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

ANEXO

Apelidos e nome: Romero Míguez, María Araceli.

NRP: 3325804302 A2060.

Grupo: A.

Nivel CD: 28A.

Corpo: xeral.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Concentración Parcelaria.

Dependencia: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.