Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.848

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (BIC GALICIA)

CORRECCIÓN de erros en anuncio público de convocatoria de praza.

Advertidos erros na redacción do anunio público de convocatoria de praza de técnico de desenvolvemento de data 1 de agosto de 2000 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 153 do martes 8 de agosto de 2000, é preciso realiza-las seguintes modificacións:

No punto «I. Titulación e requisitos,», suprímese da descrición do perfil a frase «menos de 30 anos».

No punto «II. Documentación necesaria, lugar e prazo de presentación de solicitudes,», substitúese a frase «fotocopia da documentación que acredite a titulación requirida» por «fotocopia da documentación acreditativa de que se reúne o prefil descrito máis arriba, titulación e méritos que se alegan, (oportunamente poderá ser solicitada a presentación da documentación orixinal para o seu cotexo),».

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes: 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.