Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 21 de xullo do ano en curso, a modificación puntual nº 9 das NN. SS. de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el, cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Inserido este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións iniciarase en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 3 de agosto de 2000.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde