Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 4 de agosto de 2000, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada presentado por Elia Cid Gómez contra a resolución da directora xeral de Saúde Pública relativa ó expediente sancionador número 70/1999 por infracción en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase á interesada que se dictou resolución do recurso de alzada presentado contra a resolución da directora xeral de Saúde Pública, do 18 de xaneiro de 2000, relativa ó expediente sancionador nº 70/1999 por infracción en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, cos datos sinalados no anexo, por non poder ser notificada no domicilio que consta nel.

O expediente completo consta nos locais do Servicio Técnico Xurídico (Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Secretaría Xeral, San Caetano), para os efectos de que o expedientado poida con

sultalo, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula no DOG, para ter coñecemento do contido íntegro da resolución.

Transcorrido o dito prazo sen que compareza o interesado, farase efectiva a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 26 de maio de 2000.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde el día siguiente á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2000.

P.A.

Manuel Adolfo Cerdeira Domínguez

Xefe de Sección

ANEXO

Expediente: 70/1999.

Denunciada: Elia Cid Gómez.

Último domicilio coñecido: rúa Antonio Jaunsarás nº 1, 3º B. 32002 Ourense.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: art. 2.3º do R.D. 1945/1983. Art. 1.1º c) e 4 do R.D. 157/1985. Art. 8 do R.D. 512/1977.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción imposta: 500.001 ptas.