Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 27 de xullo de 2000, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 4/2000 por infracción en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícaselle ó xerente de Mariscos Marza a proposta de resolución do expediente sancionador 4/2000 por infracción en materia sanitaria, iniciado na Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública (Camiño do

Francés, 10, baixo), para que o expedientado poida ter coñecemento do contido del.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar alegacións ante a Dirección Xeral de Saúde Pública no prazo de 15 días contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 4/2000.

Denunciado: Xerente de Mariscos Marza.

Último domicilio coñecido: porto pesqueiro. Edificio Armadores. Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Art. 35 da Lei 14/1986 (xeral de sanidade). art. 2.1º.1, 2.1º.2 do R.D. 1945/1983. Art. 1 c) 2 a) do R.D. 157/1985. Art. 6 do R.D. 44/1996. Art. 3.1º b) do R.D. 571/1999. R.D. 1712/1991.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 500.001 ptas.