Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de agosto de 2000 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 26 de maio de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o desenvolvemento de aplicacións, realizacións de diagnósticos e implantación de ferramentas de transacción electrónica no ámbito de tecnoloxías da información e as comunicacións na Comunidade Autónoma galega para o ano 2000 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 6 de xuño).

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 26 de maio de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o desenvolvemento de aplicacións, realizacións de diagnósticos e implantación de ferramentas de transacción electrónica no ámbito de tecnoloxías de información e as comunicacións na Comunidade Autónoma galega para o ano 2000 (DOG nº 109, do 6 de xuño). O obxectivo desta orde é incentiva-lo desenvolvemento de aplicacións e servicios das tecnoloxías de información e comunicación, a realización de diagnósticos e a implantación de ferramentas de transacción electrónica, conducentes á mellora da competitividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 31 de outubro de 2000, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 26 de maio de 2000, ata o día 17 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio