A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 29 de maio de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios na Comunidade Autónoma galega para o
ano 2000 (DOG nº 111, do 8 de xuño). O obxectivo desta orde é a incentivación de actuacións conducentes á mellora dos procesos productivos na industria da Comunidade Autónoma de Galicia.
Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 31 de outubro de 2000, da documentación acreditativa do investimento realizado.
Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.
En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 29 de maio de 2000, ata o día 17 de novembro de 2000.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2000.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio