Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 150/2000.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das

administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

-Número de expediente: 150/2000.

2. Obxecto do contrato:

-Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia e de servicios.

-Descrición do obxecto: servicio de mantemento informático sistema central.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: restrinxido.

-Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 12.868.976 ptas. (77.344,10 euros).

5. Adxudicación.

Data: 1 de agosto de 2000.

Hewlett Packard Española, S.A. - 12.868.976 ptas. (77.344,10 euros).

Orzamento total: 12.868.976 ptas. (77.344,10 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de agosto de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña