Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos procedementos negociados 129 e 130/2000.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, de 11 de maio), no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 129/2000.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia e de servicios.

Descrición do obxecto: servicio de mantemento aparellos elevadores.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 13.938.588 ptas. (83.772,60 euros).

5. Adxudicación.

Data: 21 de xullo de 2000.

Schindler, S.A., 13.938.588 ptas. (83.772,60 euros).

Orzamento total: 13.938.588 ptas. (83.772,60 euros).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 130/2000.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia e de servicios.

Descrición do obxecto: servicio de mantemento equipos de anestesia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 10.132.338 ptas. (60.896,58 euros).

5. Adxudicación.

Data: 21 de xullo de 2000.

Dräger Hispania, S.A., 10.132.338 ptas. (60.896,58 euros).

Orzamento total: 10.132.338 ptas. (60.896,58 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións de director xerente

do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo

Oza da Coruña