Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.704

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministración.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en subscribir acordos marco de subministración, non exclusivos, de material sanitario funxible, para as súas unidades de Cardioloxía Intervencionista (Hospital do Meixoeiro de Vigo) e Medicina Nuclear (Hospital do Meixoeiro de Vigo e Santa María Nai de Ourense).

SubministraciónNº expediente

Material de medicina nuclearMN/002/00

Material depósito cardioloxía intervencionistaCI/004/00

Material específico cardioloxía intervencionistaCI/005/00

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data da publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2000.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica