Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto do seguro de vida e accidentes para o persoal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo: dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expte.: 13282/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación polo Concello de Vigo, como tomador da póliza, dunha póliza de seguro de vida para o persoal ó servicio del.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: desde as 0 horas do día 1 de setembro de 2000 ata as 24 horas do 31 de agosto de 2001, podendo renovarse por períodos anuais ata un máximo de tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 20.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo.

Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP o no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remata o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de agosto de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcade