Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 12 de xullo de 2000, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo de oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora. Comisión de Goberno do Concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución. Accesos ós núcleos de Santa Locaia, Os Vilares, Labrada e outros. Prazo de seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Urxente. Aberto. concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección. Catorce millóns de pesetas. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías. Provisional. 280.000 pesetas. Definitiva, catro por cento do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información. Concello de Guitiríz, Secretaría; rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono: 982 37 01 09. Fax: 982 37 05 56. Ata o día anterior a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas. Prazo de trece días seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación. A esixida no prego. Lugar de presentación. Rexistro xeral do concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas. Tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas. Primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás trece horas quince.

11. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 4 de agosto de 2000.

Mª José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa