Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión celebrada o 13 de xullo de 2000, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso de méritos, dunha praza de xefe de Sección Orzamentaria, outra de xefe de Sección Atención Especializada, outra de xefe de Negociado de Xestión Administrativa e unha de xefe de Grupo.

No BOP nº 173, de data 29 de xullo de 2000, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión dos ditos postos.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicanse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 3 de agosto de 2000.

Por suplencia (Resolución 4-10-1999)

Javier Varela Tejedor

Xefe do Gabinete da Alcaldía de Culleredo