Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de execución do complexo ambiental de tratamento de RSU e asimilables e plan de xestión, da Mancomunidade de Municipios da Serra da Barbanza.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos

ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do mencionado proxecto, promovido pola Mancomunidade de Municipios da Serra da Barbanza.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concellos de Muros, Lousame, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contando a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliacion Ambiental