Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-99/115.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, caberá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente núm.: PO-99/115

Denunciado: José Pazos Fernández.

Último enderezo coñecido: Avda. de Balaídos, 63-1º A Vigo (Pontevedra)

Contido da resolución do recurso que se notifica:

Data: 22 de xuño de 2000

Feitos polos que foi denunciado: abandonar á beira do leito do río Tea unha estructura de madeira construída polos pescadores da estacada conxunta núm.18-19 do tramo 21 para gorecerse da choiva, de 2 x 2 m; igualmente obsérvanse botellas de vidro, plástico e un bidón tirados polo chan, incumprindo con isto os adxudicatarios da dita estacada a súa obriga de retira-las ditas instalacións unha vez transcorridos 15 días de ter finalizado o réxime especial de pesca para a captura da lamprea.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.