Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado o día de hoxe polo órgano competente deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) das obras incluídas no POL/2000 que no punto 2 se indican, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición: saneamento da avenida Ordóñez e travesía, en Goián. 16.124.484 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección: o indicado no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 14ª do prego.

5. Clasificación dos contratistas: E 1 C e G 4 C.

6. Garantía. Provisional: non se esixe. Definitiva: 644.980 ptas.

7. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño. Teléfono: 986 62 20 01. Fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista. Os especificados no prego.

9. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

10. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposición.

11. Apertura de ofertas. Nun prazo máximo de 7 días naturais seguinte á data da apertura da documentación xeral do sobre B e, anunciarase, polo menos 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 28 de agosto de 2000.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde