Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de Ramón Souto Caneda, en representación de Uneda, S.L., comprensivo dos predios 38-1-A, 38-1-A1, 14, 31 e 156 do PXCP de Montouto-Cacheiras, de 2.910 m de superficie neta, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento deste concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 30 de xuño de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde