Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía nº 4097/2000, de 24 de agosto, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, da U.E.-34 Areal este-Perillo, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 219.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que apareza publicado o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, vintecatro de agosto de dous mil.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta