O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:
Obxecto: acondicionamento do campo de fútbol municipal Eugenio Pardo Conchado, en Oleiros.
Orzamento de licitación: 33.396.582 ptas. (con IVE).
Clasificación: A-1b, C-c, I-6b.
Fianzas:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: catro meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 22 de agosto de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa