Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 117/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 132 kV Vilalba-A Carba-Tesouro (expediente nº 117/1999), por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia de data 23 de marzo de 2000 a favor da entidade beneficiaria Electra de Viesgo I, S.A. con enderezo na r/ Medio, 12-apdo. 35-39003-Santander.

Esta delegación acorda sinala-los días 3, 4 e 5 de outubro de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello das Pontes de García Rodríguez, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia de data 7 de xullo de 1999, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles día e hora para o levantamento das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos

ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 24 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña