Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o grupo de empresas Gonzacoca para os anos 2000/2001.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico para o grupo de empresas Gonzacoca composto por Eduardo González Alonso y Cía, S.A., Gonzacoca Distribución, S.A., Gonzacoca Ourense, S.A., Gonzacoca Lugo, S.A., Gonzacoca Multicar, S.A., Gonzacola Servicios, S.A. e Vipacar Automóviles, S.L., para os anos 2000/2001 (código de convenio nº 8200313), que se subscribiu coa data do 16 de xuño, entre a dirección da empresa e o comité de empresa, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de marzo, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo para o grupo de empresas

Gonzacoca, anos 2000-2001

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación ós centros de traballo das empresas Eduardo González Alonso y Cía, S.A., Gonzacoca distribución, S.A., Gonzacoca Ourense, S.A., Gonzacoca Lugo, S.A., Gonzacoca Multicar, S.A., Gonzacola Servicios, S.A. e Vipacar Automóviles, S.L. e por extensión en calquera lugar onde o seu persoal realice servicios, por conta delas.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do cadro de persoal das empresas e dos centros de traballo aludidos no artigo anterior no momento da sinatura, e a todo aquel que con posterioridade se incorpore a elas.

Quedan excluídos da aplicación do presente convenio os traballadores pertencentes ás categorías profesionais 0-10 e 24 todas incluídas das sinaladas no cadro nº 1 anexo ó presente convenio. No suposto de que algunha das persoas incluídas nas categorías

citadas non exercese nese momento a dirección efectiva dunha explotación ou un departamento, poderá acollerse ó vixente convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000 sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Terá unha duración de dous anos, expirando o 31 de decembro de 2001.

Quedará automaticamente denunciado con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Incremento salarial.

O incremento económico para o ano 2000 establécese nun 3% en tódolos conceptos económicos, excepto o complemento de antigüidade previsto no artigo 15. En idénticas condicións, o incremento económico para o ano 2001 queda fixado no IPC previsto polo Goberno para ese exercicio incrementado en 0,75%.

Artigo 5º.-Revisión salarial.

Efectuarase revisión salarial para os anos de vixencia do convenio en tódolos conceptos económicos, excepto a antigüidade, sempre e cando o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística supere a porcentaxe prevista polo Goberno para cada ano de duración do convenio. A revisión dos salarios aplicarase polo exceso que supoña a citada porcentaxe, e con efectos a partir do día primeiro do mes en que se produza ata o último do ano en que se produza.

Artigo 6º.-Compensación e absorción de melloras.

As melloras que se establecen neste convenio compensarán ou absorberán no que alcancen, aquelas que voluntariamente tivese establecidas a empresa en cómputo anual, ou as que no futuro puidesen establecerse por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 7º.-Aplicación do convenio.

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio, e para resolver tódalas posibles dúbidas que poidan derivarse da súa aplicación, establecerase unha comisión paritaria composta por unha representación da dirección da empresa e sete membros do comité de Eduardo González Alonso y Cía, S.A. En caso de non lograr acordo no seo da comisión no prazo de 10 días, solicitarase mediación do AGA.

A comisión paritaria será competente para estudiar e, se é o caso, aprobar, calquera modificación do texto do convenio ou a súa adaptación ás disposicións legais ou de calquera outro tipo que xurdan durante o período de vixencia pactado.

Artigo 8º.-Competencia.

A organización práctica do traballo, con suxeición á lexislación laboral vixente, é facultade exclusiva da empresa.

Sen mingua da autoridade que corresponda á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os membros do comité de empresa terán funcións de asesoramento, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo.

En todo o non previsto neste artigo, aplicarase o referenciado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Mobilidade xeográfica e funcional.

En canto ó disposto en desprazamentos aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Clasificación do persoal segundo a función.

O persoal afectado por este convenio clasificarase de acordo coas normas usualmente seguidas, e tendo en conta o xénero de traballo e as esixencias de idade e proceso formativo profesional que o ocupe, nos seguintes tipos:

Persoal técnico ou titulado e mandos.

Persoal comercial-especialistas.

Persoal administrativo.

Personal non cualificado.

Durante a vixencia do presente convenio iniciaranse conversas para a reestructuración e actualización de categorías profesionais máis acordes ó mercado comercial e ás nosas necesidades de distribución, e serán inseridos e en vigor os cambios que nelas poidan existir.

Artigo 11º.-Avaliación do desempeño.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo levaranse a cabo os estudios e as conversas necesarios para o establecemento dun sistema de valoración de postos de traballo e valoración do desempeño aplicable á totalidade de postos de traballo da empresa, todo iso oído o comité de empresa.

Os resultados do proceso de valoración terán o seu reflexo na promoción profesional dos traballadores, así como na percepción por estes dos conceptos salariais.

Artigo 12º.-Niveis de clasificación por categorías.

A distribución do persoal por categorías e niveis profesionais queda establecida na forma sinalada no cadro nº 1 anexo ó presente convenio.

Artigo 13º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do conxunto do persoal, sen distinción de empregos, categorías e niveis, serán obxecto da correspondente liquidación por períodos mensuais, sendo realizado o seu aboamento a través de entidades bancarias. O día de cobramento será o derradeiro día laborable de cada mes.

Artigo 14º.-Xornais e soldos básicos.

Entenderase como soldo básico a suma dos actuais conceptos:

Soldo+complemento+incentivo.

Estes conceptos quedarán unificados nas bandas que se determinan no cadro nº 2.

Artigo 15º.-Complementos salariais e suplidos.

Son complementos salariais en aplicación do Decreto 2380/1973, os seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Incentivo ou prima producción.

Consideraranse suplidos en aplicación do mesmo decreto:

-Axuda á locomoción.

-Complemento transporte.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Para efectos de antigüidade, establécese por cuadrienios, sendo estes ilimitados, computándose desde o ingreso ou alta no cadro de persoal da empresa.

O valor do cuadrienio será para tódalas categorías profesionais de 1.300 ptas. cada cuadrienio.

Artigo 17º.-Axuda á locomoción.

A empresa aboaralles ós traballadores unha axuda de locomoción de 9.164 ptas. cada un dos doce meses do ano 2000. A contía correspondente ó ano 2001 determinarase en función do IPC dese ano.

Artigo 18º.-Complemento transporte.

O persoal que viñese percibindo este concepto no ano 1987, continuará percibíndoo durante a vixencia do presente convenio nos doce meses do ano por importe de 2.499 ptas./mes.

Artigo 19º.-Incentivo posto traballo-prima producción.

A empresa, seguindo os principios xerais de organización do traballo, establecerá para o persoal uns incentivos en función dos resultados obtidos. Así mesmo, iniciarase a análise e o estudio para aqueles colectivos que non teñan estes conceptos.

Artigo 20º.-Locomocións.

Aqueles traballadores que realicen desprazamentos con motivo da súa actividade laboral utilizarán para estes vehículos propiedade da empresa.

O citado uso de vehículos propiedade da empresa tan só poderán levalo a cabo traballadores desta, para o exercicio de tarefas profesionais, recolléndose o automóbil nas instalacións da empresa ó inicio da xornada laboral e devolvéndoo no momento de finalización. Calquera excepción a esta norma deberá ser autorizada polo director da correspondente división.

Para efectos da aplicación desta norma, a empresa porá á disposición das divisións o número de vehículos necesarios, debidamente revisados e coa documentación completa. A asignación de forma permanente dun vehículo da empresa a un traballador obrigará a este ó seu coidado, limpeza e mantemento dentro das normas habituais de entretemento.

Cando por circunstancias excepcionais, e logo de autorización do director de división correspondente, algún traballador necesite efectuar desprazamentos por razóns profesionais co vehículo da súa propiedade, percibirá por ela unha compensación económica de 32 pesetas por quilómetro.

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

Para tódolos traballadores afectados por este convenio a xornada será de 1.784 horas de traballo efectivo para os dous anos de duración do convenio, distribuídas segundo o calendario oficial publicado pola Xunta de Galicia. A diferencia resultante entre o calendario oficial e a xornada pactada, en canto ó número de días será facultade da dirección da empresa regularizala segundo as necesidades dos servicios.

Os horarios de traballo de luns a venres responderán en todo momento ás necesidades tanto comerciais como operativas que demanden os nosos clientes ou servicios, gozando da flexibilidade necesaria para a súa adecuación a estes, segundo os criterios e valoración da dirección da empresa, que deberá establece-los correspondentes acordos coas persoas ou colectivos afectados. Sen prexuízo do anterior considéranse inhábiles os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio realizarase o menor número de horas extras posibles, as cales serán apreciadas pola dirección, oído o comité de empresa. As citadas horas extraordinarias, a excepción daquelas que teñan a consideración de forza maior de conformidade co Estatuto dos traballadores, realizaranse logo de comunicación do responsable da explotación respectiva.

Cando se prevexa que a carga de traballo durante o período de tempo determinado esixirá a realización de horas extraordinarias procederase, como instrumento máis adecuado para a atención desta, á contratación de persoal, na modalidade que se estime máis adecuada, para a súa atención, contribuíndo con iso á creación de emprego e evitando o exceso nas horas extraordinarias.

Artigo 23º.-Valor da hora extraordinaria.

Durante a vixencia do presente convenio, o valor das horas extraordinarias nas distintas categorías-niveis é o reflectido no cadro nº 3.

As horas extraordinarias que se realicen en sábados para aquelas persoas que non presten os seus servicios o dito día terán un incremento dun 20% sobre o valor da hora extraordinaria normal.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha delas, que percibirán nos seguintes meses: febreiro, xullo, outubro e decembro.

Serán aboadas dentro da primeira quincena dos meses respectivos, conforme o salario que por tódolos

conceptos perciba o traballador, con excepción da axuda de locomoción, e complemento de transporte.

Os traballadores da empresa que estean cumprindo as súas obrigas de servicio militar terán dereito á percepción íntegra das pagas regulamentarias de xullo e decembro, así como á proporción que lles corresponda das de febreiro e outubro.

Artigo 25º.-Vacacións anuais.

As vacacións anuais serán de 22 días laborables.

O seu desfrute será de común acordo entre a empresa e os traballadores, planificándoas de tal forma que se procurará que se desfruten entre os meses de maio e outubro, ambos inclusive, e con carácter rotativo.

O tempo mínimo de desfrute será de cinco días continuados. As excepcións a esta norma serán consensuadas entre o traballador e o responsable do departamento, quedando supeditada a decisión ás necesidades do servicio, que actuará como criterio preferente.

Aqueles traballadores que, por razóns de servicio non poidan desfruta-las vacacións nos meses antes indicados, percibirán unha indemnización económica de acordo co seguinte: meses de novembro a abril, 35.000 ptas.

Nota: esta cifra aplicaráselles a aqueles ós que lles correspondan os 22 días completos, ou na proporción a estes días.

O calendario de vacacións establecerase durante o primeiro trimestre do ano e será exposto nos taboleiros de anuncios, debendo ser informado o traballador cun mínimo de dous meses ó comezo do período que lle corresponde.

Artigo 26º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes supostos:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) 3 días laborables en caso de nacemento de fillos.

c) 5 días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais ou fillos.

d) 2 días naturais en caso de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos.

e) 2 días naturais no suposto de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos.

Deberá presentarse xustificante médico que acredite a gravidade.

f) 1 día natural en caso de falecemento de tíos, sobriños, fillos políticos e irmáns políticos.

g) 1 día natural por traslado de domicilio habitual.

h) o tempo indispensable necesario para asistir á consulta médica, sempre que se xustifique debidamente.

Nota: no referido ó cónxuxe, terá o mesmo tratamento a persoa que conviva co traballador, tendo que certificar necesariamente tal convivencia.

i) O tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

Nos supostos d) e e), no caso de que os dous días naturais fosen non laborables, o período poderá ampliarse un día máis.

Para os epígrafes b), c), d), e), f) e g) sempre que o suposto teña lugar fóra da Comunidade Autónoma, verase incrementado nun día máis.

Artigo 27º.-Cesamentos.

O persoal que pala súa vontade desexe cesar na empresa deberá comunicalo con 15 días de antelación á data do cesamento; en caso contrario incorrerá na penalización que prescribe a lexislación vixente, salvo pacto expreso en contrario.

Artigo 28º.-Vacantes.

As vacantes serán comunicadas pala dirección da empresa no taboleiro de anuncios cun mínimo de 5 días de antelación á data de peche de recepción de solicitudes. As persoas interesadas nesas vacantes deberán solicitalo por mediación da oficina de persoal.

En igualdade de condicións daráselles preferencia Ós traballadores da empresa, ós fillos ou familiares destes na orde de parentesco.

Das probas de selección que se realicen informarase o comité de empresa para que, de consideralo oportuno, compareza nelas.

Os postos dos niveis 00 ó 11; 24 ó 30; 41; 79 ó 81, son de libre designación pola dirección.

Os fillos dos traballadores poderán optar a postos que por necesidades da empresa se produzan por interinidade.

O procedemento sinalado neste epígrafe non será de aplicación nos casos de necesidade de cobertura de postos de traballo con carácter urxente. Nestes casos a empresa comunicaralle ó comité de empresa a existencia da necesidade urxente e a causa desta, quedando libre para a realización da contratación do posto de que se trate.

Artigo 29º.-Contratos de duración determinada.

Por medio do presente convenio páctase a duración dos contratos de duración determinada subscritos por acumulación de tarefas nun máximo de 9 meses dentro dun período de 12 meses.

Artigo 30º.-Empresas de traballo temporal.

Fíxase a duración máxima da permanencia dun traballador con vinculación con empresa de traballo temporal nas empresas de aplicación do presente convenio en 3 meses.

Artigo 31º.-Excedencias.

A empresa garantirá o reingreso do traballador en excedencia por un prazo máximo de 3 anos, con

certando un contrato de substitución para o efecto. Aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto do traballador e artigo 9 da LOLS.

O reingreso garantirase sempre que esta non sexa para realizar actividades noutra empresa.

No suposto de solicitar excedencia por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos, garántese o seu reingreso sen a perda de antigüidade sempre que o prazo non exceda dun ano.

Artigo 32º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar, e en todo caso sempre que o solicite o traballador, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co establecido no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo (BOE do 20 de xullo), con percepción do 100% da pensión de xubilación que lle corresponda, debendo a empresa susbtituílos simultaneamente no momento do seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto. A idade tope de permanencia en alta na empresa será de 65 anos, pasando o traballador ó cumprir esta idade á xubilación.

As indemnizacións mínimas por xubilacións dependendo da idade do traballador, quedan como segue:

Para 1999:

Ós 60 anos: 26 mensualidades.

Ós 61 anos: 20 mensualidades.

Ós 62 anos: 14 mensualidades.

Ós 63 anos: 8 mensualidades

Ós 64 anos: 7 mensualidades.

Nota: os meses que se indemnizarán serán motivo de pro rata en función da idade real que teña o traballador no momento que formule a solicitude.

Artigo 33º.-Promoción e formación profesional.

Aplicarase o disposto no artigo 23 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa poderalles solicitar ós traballadores os xustificantes oportunos de asistencia expedidos polos centros escolares.

Arigo 34º.-Saúde laboral.

Considérase que a seguridade no traballo é un dos obxectivos prioritarios da empresa. En consecuencia, potenciarase todo o posible o funcionamento dos sistemas que tendan a diminuí-los riscos.

O comité de seguridade e hixiene no traballo constituirase segundo o estipulado na ordenanza xeral de seguridade e hixiene e terá as competencias que se sinalan na lexislación vixente.

A empresa solicitará dos organismos correspondentes o cumprimento do recoñecemento médico anual para todo o persoal que o solicite mediante acordo establecido a través do comité de seguridade e hixiene.

Anualmente a empresa entregará como mínimo a seguinte roupa de traballo:

-Persoal obreiro: 2 fundas (xaneiro).

-Persoal empregado: 2 fundas ou peza similar cando o traballo así o esixa (xaneiro).

O uso da roupa de traballo facilitada pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada, para todo o persoal ó que se lle asignase.

Iniciaranse as conversas necesarias durante a vixencia do presente convenio, co fin de ir adaptándose á nova Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 35º.-Seguro de vida.

Establécese un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros G.E.S. para tódolos traballadores en alta na empresa na data de entrada en vigor deste convenio, ou para os que no sucesivo se incorporen a ela, quedando amparados por este ata a idade de 65 anos na que se causará baixa. Os capitais asegurados serán os seguintes:

Capital aseguradoIndemnización

Morte natural1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

Morte por accidente1.000.000 de ptas.2.000.000 de ptas.

Morte por accidente de tráfico1.000.000 de ptas.3.000.000 de ptas.

Invalidez absoluta permanente1.000.000 de ptas.1.000.000 de ptas.

O custo que corresponda satisfacer por este seguro será sufragado nun 75% pola empresa, e o 25% restante será por conta dos traballadores a partes iguais, sendo deducido este importe das nóminas.

Artigo 36º.-Axuda por defunción.

No momento do falecemento dun traballador das empresas afectadas por este convenio, os familiares percibirán o importe de tres mensualidades brutas iguais á última que o traballador percibise, ademáis dos emolumentos que ó traballador lle correspondesen polo traballo realizado ata o seu falecemento. No suposto de que o falecemento do traballador fose considerado en accidente de traballo, os familiares percibirán o importe de 6 mensualidades brutas.

Os gastos ocasionados pola nota necrolóxica do traballador falecido serán sufragados ó 50% pola dirección da empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca e empresas afectadas polo convenio.

Os gastos por coroas (a familiares directos: esposa, fillos, pais) serán custeados ó 50% pola empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca e empresas afectadas polo convenio.

Artigo 37º.-Bolsa de estudios.

Créase un fondo destinado a axudas por estudios daqueles traballadores que desexen amplialos, e sempre que estean en relación directa coa actividade da empresa, debendo cursa-los traballadores interesados solicitude entre os meses de setembro e outubro dirixida ó Departamento de Persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas emitindo informe sobre elas.

A contía desta axuda para a vixencia do presente convenio será de 300.000 ptas.

O traballador que o solicite achegará un mínimo dun 30% segundo solicitudes, presentando os xustificantes oficiais de matrícula correspondente.

A decisión da comisión paritaria será inapelable.

Artigo 38º.-Axuda por fillos en idade escolar obrigatoria.

Créase un fondo destinado a axudas por fillos en idade escolar obrigatoria, debendo cursa-los traballadores interesados solicitude no mes de setembro e dentro do prazo establecido para iso, dirixida ó Departamento de Persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas emitindo informe sobre elas.

A contía do fondo ascenderá á cantidade de cincocentas mil (500.000) pesetas.

Artigo 39º.-Complemento nocturnidade.

Este complemento consistirá no 25% sobre tódolos conceptos salariais e na P/P dos días e horas traballados na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 40º.-Venda de recambios e artigos de servicio.

Á venda de recambios e todos aqueles artigos que os traballadores adquiran para o seu uso persoal, aplicaráselle-la seguinte tarifa:

Compras a crédito: tarifa maior.

-Compras ó contado: 10% s/tarifa maior.

-Facturación man de obra: 20% s/tarifa clientes.

Estas compras, de non seren satisfeitas ó contado, serán deducidas da nómina posterior ós 60 días da factura.

Todo caso de mala fe, abuso ou comercio indebido por parte dos traballadores, comportará a perda total deste beneficio para o traballador que a infrinxa.

Ó persoal que adquira para o seu servicio, automóbiles, tractores, embarcacións, motores, etc., seralle deducido un 50% da comisión que achegue a venda do dito artigo á empresa.

En vehículos usados, a venda será realizada polo mesmo importe que foi aboado, mailos gastos da súa reparación ou revisión.

Na venda aprazada cargaranse unicamente os gastos bancarios.

Os traballadores con contrato fixo, que adquiran vehículos comercializados pola empresa quedarán exentos dos gastos financeiros ata unha contía máxima do importe aprazado do 25% do importe do vehículo adquirido, cunha amortización mínima de 25.000 ptas. mensuais e un prazo máximo de pagamento en 3 anos.

Artigo 41º.-Percepción de salarios durante a IT (baixa).

Durante o tempo de permanencia en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, todo traballador quedará amparado polas percepcións que se establecen para a súa categoría-nivel.

Artigo 42º.-Ascensos-Revisión de categorías.

Os cambios de categorías dos traballadores serán propostos á dirección da empresa a través dos mandos intermedios ou do comité de empresa.

Artigo 43º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións establecidas no presente capítulo.

* Graduación de faltas.

As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas segundo a súa importancia, trascendencia e intención en leves, graves e moi graves.

* Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as accións e omisións seguintes:

-Ata tres faltas de puntualidade en trinta días, na asistencia ó traballo, con atraso superior a dez minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

-Faltar ó traballo un día sen xustificación.

-Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, salvo caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

-Non atender ó público coa corrección e dilixencia debidas.

-As discusións sobre asuntos alleos ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse falta grave ou moi grave.

-Pequenos descoidos na conservación do material ou utensilios.

-O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, aínda cando sexa por breve tempo. Se este abandono implicara risco de prexuízo ou constituíse quebranto da disciplina, poderá ser considerada a falta como grave ou moi grave.

-Faltas de aseo e limpeza persoal.

* Faltas graves.

Considéranse faltas graves as accións ou omisións seguintes:

-Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, superiores a dez minutos e inferiores a trinta, durante un período de trinta días.

-Ausencia ou atrasos superiores a trinta minutos, sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta.

-Falta ó traballo dous días nun período de trinta sen xustificación.

-Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social, Facenda Pública, ou ter calquera repercusión económica. A falta maliciosa nestes datos considerarase como falta moi grave.

-Entregarse a xogos ou outras distraccións durante a xornada de traballo. Se a falta se cometese nun posto de responsabilidade poderá cualificarse como moi grave.

-A desobediencia ós superiores en materia de traballo. Se implicase quebranto da disciplina, ou deles se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá cualificarse como falta moi grave.

-Simula-la presencia doutro traballador ou fichar por el.

-A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á súa boa marcha.

-A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as instalacións poderá cualificarse como moi grave.

-Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas ou materiais da empresa.

-A reincidencia en faltas leves, excluída a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dos tres meses seguintes á infracción anterior.

-A continuidade e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

* Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

-Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a dez minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante todo o ano.

-Faltar tres días ó traballo, durante un período de sesenta días, sen causa que o xustifique.

-A simulación de enfermidade ou accidente, así como calquera maquinación realizada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

-A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós seus traballadores ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

-Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materias primas, vehículos, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, útiles, vestiario, documentos ou calquera outra propiedade da compañía.

-A embriaguez habitual ou toxicomanía durante o traballo.

-Viola-lo segredo de correspondencia ou de documentos reservados ou revelar datos de reserva obrigada.

-Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou faltas graves de respecto ou consideración ós superiores, compañeiros, subordinados e os seus familiares, así como a persoas alleas á empresa can ocasión da actividade laboral.

-Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia.

-Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

-A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

-Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

-A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos doce meses seguintes ó da comisión da anterior.

-O abuso de autoridade por parte dos superiores sempre será considerado como falta moi grave. O que o sufra poderá poñelo directamente en coñecemento da dirección da empresa ou do comité de empresa.

-Ordenar expresamente a realización de traballos ou tarefas en forma tal que implique a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas ou instalacións.

* Sancións.

As sancións que poderá impo-la dirección, atendendo á gravidade da falta e segundo as circunstancias que concorran en cada caso, serán as seguintes:

-Por faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

-Por faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

-Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

Despedimento disciplinario en caso de que a falta se cualifique no seu grao máximo.

* Procedemento.

A sanción imposta pola comisión de faltas graves ou moi graves requirirá a comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

A empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción que se lles impoña ós traballadores.

A empresa en todo caso respectará, no exercicio da súa facultade disciplinaria, as garantías previstas na lexislación vixente para os membros do comité de empresa e traballadores afiliados a organizacións sindicais.

Artigo 44º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, ou posterior disposición que o modifique.

O crédito de horas sindicais dispoñibles para cada delegado do comité poderá acumularse entre os distintos membros deste órgano, logo de comunicación á empresa.

Para garanti-la correcta organización do traballo nos distintos departamentos, e salvo casos de urxencia, o uso do crédito de horas sindicais polos membros do comité de empresa deberá ser notificado cunha antelación mínima de 24 horas ó responsable do seu departamento.

Artigo 45º.-Disposicións derradeiras.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, aceptarase o disposto nos convenios laborais sectoriais de referencia e Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Categorías por claves

Cadro nº 1

As distintas claves por categorías quedan como segue:

ClaveCategoríaClaveCategoría

* Mandos e técnicos* Profesionais (especialistas)

00Conselleiro delegado53Prof. oficio primeira «P»

01Director xeral56Prof. oficio segunda

02Subdirector xeral57Axudante oficio

03Director recursos humanos

04Director econom. financ.

O5Xefe explotación* Conductores (especialistas)

06Director márketing

09Director división

10Encargado xral. obras63Prof. oficio primeira «C»

11Técnico industrial66Prof. oficio segunda

* Comerciais (especialistas)* Servicio-varios (non cualf.)

12Dependente maior75Mozo especializado

13Dependente 25 anos 76Mozo

16Dependente 22 a 25 anos79Sereno

17Axudante de dependente81Ordenanza

18Aprendiz

*Administrativos* Vendedores (especialistas)

24Director de división85Vendedor automoción

25Xefe sección admtvo.88Vendedor repostos

29Secretaria91Vendedor metais

30Contable

32Oficial admtvo.

35Auxiliar admtvo.

* Mecánicos (especialistas)

41Xefe taller

44Prof. oficio primeira «M»

47Prof. oficio segunda

48Axudante mecánico

49Aprendiz

ANEXO II

Retribucións directas

Cadro nº 2

Clave categoríaSoldo mínimoSoldo máximo

00

01

02

03

04

05

09

11126.000159.000

12144.000175.000

1399.000159.000

1693.000161.000

1787.00099.000

1876.00089.000

24

25167.000351.000

29128.000149.000

30139.000194.000

32118.000194.000

3599.000130.000

41135.000263.000

44112.000215.000

4799.000126.000

48103.000111.000

4976.00089.000

53112.000181.000

5699.000126.000

5787.000110.000

63112.000181.000

6699.000126.000

75109.000141.000

7693.000126.000

79121.000156.000

81121.000159.000

85107.000230.000

88107.000230.000

91107.000230.000

ANEXO III

Valor hora extra

Cadro nº 3

Os valores de horas extras serán os seguintes por categoría-clave:

ClaveValorClaveValorClaveValor

121.06535 99057 935

131.025411.575631.065

16 960441.43066 985

17 930471.31075 985

291.055481.17076 930

301.075531.06579 955

321.07556 98581 930