Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

CONCURSO con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente:--

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos:

b) Construcción do cerramento perimetral e acabado de fachadas do edificio da 3ª idade. 3ª fase.

c) Construcción de beirarrúas e rede de augas pluviais en Cazallas.

d) Prazo de execución: catro meses, en ámbolos dous casos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso. Os criterios de adxudicación serán os do concello, contidos na cláusula 19ª do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a adxudicación mediante concurso con procedemento aberto de obras do Concello de Melide, aprobado polo pleno en sesión celebrada o 5 de maio de 2000 e publicado no BOP núm. 134, do 13 de xuño de 2000.

4. Orzamentoss base de licitación:

a) 12.251.428 ptas., IVE incluído.

b) 13.370.117 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, núm. 5.

c) Localidade e código postal: Melide, 15800 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 50 50 03.

e) Fax: 981 50 62 03.

f) Correo electrónico: josecarmelo.sanchez*melide.dicoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: trece días naturais (13), contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, rematando, para a presentación nas oficinas municipais, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante concurso con procedemento aberto das obras comprendidas nos plans provinciais.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Melide.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de Melide.

b) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que finalice prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de publicación de tódolos anuncios, serán por conta do adxudicatario.

Melide, 2 de agosto de 2000.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde